Envíos
Listaxe de verificación para preparar envíos
Como parte integrante do proceso de envío, os autores/as teñen que asegurarse de que o seu envío cumpra todas as condicións que veñen a continuación. No caso de non se seguiren estas directrices, os envíos poderanse devolver aos autores/as.- O envío non foi publicado previamente nin está sometido a consideración por ningunha otra revista
- Disponse de consentimento informado/ autorización do CEIC se as normas da revista así o indican para o artigo seleccionado
- O texto preséntase no formato especificado nomodelo especificado para a sección.
- O texto cumpre os requisitos estilísticos e de formato Normas de Publicación
- Sempre que sexa posible, proporcionaranse direccións URL para as referencias.
- Preséntase Primeira Páxina e Carta de Presentación, de acordo coas Normas de Publicación>
Orixinais
Acéptanse investigacións cuantitativas, cualitativas e revisións sistemáticas. Nesta sección publicaránse traballos que presenten estudos clínicos ou epidemiolóxicos ou experiencias comunitarias, tanto utilicen metodoloxía cuantitativa ou cualitativa. Tamén se publicarán traballos que pretendan responder a unha pregunta concreta mediante a revisión crítica da literatura científica ou outras fontes de evidencia.
Non haberá número máximo de autores, pero lémbrase que tódolos asinantes deben ter contribuido de forma relevante á realización do artigo/investigación. Se se trata dun traballo dun grupo de investigación débese poñer o nome do grupo tralo nome dos autores máis implicados na elaboración do traballo (recomendándose neste caso limitar o número a seis). A totalidade de membros do grupo relacionarase como anexo ao final do traballo. Os autores só deben aparecer na Primeira Páxina, nunca no manuscrito.
Requisitos:
- Resumo (incluirase no manuscrito).
- Palabras chave (incluiranse no manuscrito)
- Manuscrito (anónimo).
- Puntos clave (incluiranse ao final do manuscrito)
- Táboas e figuras: máximo 6 (enviaranse nun arquivo aparte e tamén se incluirán no lugar correspondente no manuscrito)
- Anexos (opcional. Enviaranse nun arquivo aparte e tamén se incluirán no manuscrito despois da bibliografía)
- Esquema do estudo (opcional. Enviarase nun arquivo aparte e tamén se incluirá no lugar correspondente do manuscrito).
Resumo:
Requisitos:
- Incluirá o título do traballo
- Sempre debe presentarse en español e en inglés, tamén deberá estar en galego se éste é o idioma orixinal do manuscrito.
- Extensión: máximo 250 palabras.
Estructura:
- Obxectivo: identificación clara do propósito principal do estudo.
- Deseño: descrición do deseño do estudo (ensaio clínico aleatorio, estudo de casos e controis...) e as súas características básicas se son relevantes (dobre cego, multicéntrico...). Se o deseño non corresponde a un deseño claro, deben indicarse as súas características principais (transversal ou lonxitudinal, prospectivo ou retrospectivo, observacional ou de intervención, controlado ou non controlado...).
- Emprazamento: marco ou nivel de atención sanitaria (atención primaria, hospitalaria, comunitaria...).
- Participantes: características dos pacientes, criterios de selección, número de suxeitos incluidos e número de non respostas e abandonos que se produciron.
- Intervencións (en estudos de intervención): características principais, incluíndo a pauta de administración e duración, das intervencións realizadas tanto no/s grupos de estudo como no/s de comparación.
- Medicións principais: principais variables do estudo, especialmente a variable de resposta utilizada e o seu método de avaliación.
- Resultados: principais resultados, identificando o tipo de medida utilizado e o seu correspondente intervalo de confianza. Cando sexa conveniente, deberáse incluír o nivel de significación estatística.
- Conclusións: principais conclusións que se derivan dos resultados do estudo, incluíndo a súa aplicación práctica.
Palabras chave:
Deben presentarse en español e inglés, tamén en galego se éste é o idioma orixinal do traballo.
Mínimo 3; máximo 6: derivadas do Medical Subject Hedings (MeSH) da National Library of Medicine. Dispoñible en https://www.ncbi.nlm.nih.gov/mesh
Manuscrito:
Será anónimo. Incluirá nesta orde: título, resumos, palabras chave, texto con figuras e táboas e esquema do estudo (se dispón del), lista de abreviaturas (opcional), conflicto de intereses, contribución de autores, agradecementos (opcional), bibliografía, anexos (opcional) e puntos clave.
Recoméndase unha extensión entre 2500 e 3000 palabras, sen contabilizar título, resumos, palabras chave, táboas, lista de abreviaturas, conflicto de intereses, contribución de autores, agradecementos, bibliografía nin puntos clave.
Estructura: debe adaptarse á estructura Introducción/Métodos/Resultados e Discusión, seguindo as seguintes recomendacións:
- Introducción: Debe presentar a situación actual do coñecemento sobre o tema e o contexto no que se enmarca o estudo. O obxectivo do estudo debe estar claramente definido. A introducción debe selo máis breve posible e apoiarse nun número reducido de referencias bibliográficas clave.
- Material e métodos: Debe incluír o deseño do estudo, o emprazamento onde se realizou a investigación (marco de atención), os criterios de inclusión e exclusión e o mecanismo de selección dos participantes, as intervencións realizadas (se procede), as definicións e técnicas de medida das variables, o seguemento dos suxeitos e a estratexia de análise e probas estatísticas utilizadas. Debe redactarse con suficiente detalle para que o estudo sexa reproducible. Recoméndase usar epígrafes para organziar a información (poboación de estudo, intervencións, seguemento, análise estatística….). No caso de traballos con participación de personas ou tratamento de datos de pacientes deberá indicarse a autorización do CEIC correspondente e a obtención do consentimento informado dos participantes.
- Resultados: Debe presentar, non interpretar, os achados principais relacionados co obxectivo do estudo. Poden utilizarse epígrafes para facer máis clara a presentación. É conveniente usar táboas e figuras sen repetir os datos no texto. Os resultados principais deben incluír os correspondentes intervalos de confianza, e indicar claramente o tipo de medida e as probas estatísticas utilizadas, nos casos que proceda. Recoméndase resaltar a táboa ou figura que conteña os principais resultados do estudo, cunha descrición dos mesmos na lenda.
- Discusión: É conveniente estructurala nos seguintes epígrafes (cando sexa de interese): limitacións do deseño utilizado; comparación coa literatura científica, intentando explicar as discordancias que se observen; aplicabilidade práctica dos resultados, realizando unha valoración da súa relevancia clínica; e directrices para futuras investigacións sobre o tema. Agradecementos: A persoas ou institucións que, sen cumprir os requisitos de autoría, colaboraran na realización do traballo, prestaran axuda material, técnica ou económica. Debe indicarse o tipo de contribución.
- Lista de abreviaturas: opcional
- Conflicto de intereses (ver carta de presentación)
- Contribución dos autores (ver carta de presentación)
- Agradecementos
Bibliografía:
Recoméndase un máximo de 30 referencias bibliográficas, que deben selo máis recentes e relevantes posible e escritas segundo o formato Vancouver.
Puntos clave:
Tódolos traballos orixinais deben incluír unha táboa cos puntos clave para facilitar a comprensión do traballo aos lectores que non desexen ler o artigo completo. Debe incluír un máximo de 3 frases curtas e precisas que indiquen o que se sabía sobre o tema antes de realizar este estudo e a necesidade de levalo a cabo (baixo un epígrafe O coñecido sobre o tema), e outro máximo de 3 frases que indiquen qué aporta este estudo ó coñecemento previo del tema (baixo el epígrafe Qué aporta este estudo).
Esquema do estudo (opcional): Nos traballos complexos, é recomendable incluír tamén unha figura co esquema do estudo que indique o número de suxeitos en cada unha das etapas do mesmo e os motivos das non respostas, perdas e abandonos que se produzan. A lenda da figura debe resumir as principais características do deseño do estudo. Se o estudo corresponde a un ensaio clínico aleatorio, esta figura debe seguir o esquema da declaración CONSORT.
Editorial AGAMFEC
MODELO DE ENVÍO EDITORIAL AGAMFEC
Son escritas ou encargadas pola Xunta Directiva da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria.
O número máximo de autores é de tres.
Requisitos:
- Manuscrito: recoméndase unha extensión máxima de 600 palabras (sen contabilizar a bibliografía nin as táboas)
- Táboas/figuras: máximo 2
- Bibliografía: ata 10 referencias bibliográficas.
Editorial Científica
Son escritas por encargo do Consello Editorial da Revista.
O número máximo de autores é de tres.
Requisitos:
- Manuscrito: recoméndase unha extensión máxima de 600 palabras (sen contabilizar a bibliografía nin as táboas). Declararase a existencia ou non de conflicto de intereses
- Táboas/figuras: máximo 2
- Bibliografía: ata 15 referencias bibliográficas.
Para saber máis
Nesta sección publicaránse traballos por encargo do Consello Editorial da Revista, preferentemente aos grupos de traballo da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria. Pero tamén se poderán incluir outras aportacións ou revisións de interese (non só traballos por encargo, nin exclusivamente textos procedentes de grupos de traballo da AGAMFEC), que aporten un valor engadido de cara á actualización de coñecementos para a Medicina Familiar e Comunitaria.
Requisitos:
- Manuscrito: recomendase unha extensión máxima de 3000 palabras (sen contabilizar a bibliografía nin as táboas). Declararase a existencia ou non de conflicto de intereses
- Táboas/figuras: máximo 6
- Bibliografía: 45 referencias bibliográficas.
Casos clinicos
Neste apartado presentaránse casos clínicos de especial relevancia para a atención primaria. Non se trata da exposición de casos de excepcional observación, senón de situacións clínicas reais da consulta de atención primaria e que deban terse en conta. Deben ter interese docente.
O número máximo de autores é de tres.
Requisitos:
- Manuscrito: recomendase unha extensión máxima de 600 palabras (sen contabilizar a bibliografía nin as táboas)
- Táboas/figuras: máximo 2
- Bibliografía: 10 referencias bibliográficas.
O manuscrito constará dos seguintes apartados:
- Introducción: datos clínicos relevantes, exploración física e probas complementarias xustificadas.
- Diagnóstico, comentando o proceso e os diagnósticos diferenciais excluidos.
- Conclusión: reflexión sobre as características do caso e a situación actual do problema descrito.
- No caso de participación ou presentación de datos de persoas é obrigado facer constar que se dispón do consentimento informado
Cartas ao editor
Nesta sección publicaránse preferentemente e coa maior rapidez posible cartas que comenten artigos aparecidos recentemente na revista.
A carta enviaráselle aos autores do artigo ao que se refiere e, se éstes desexan contestala, a carta e a súa réplica publicaránse simultáneamente. Tamén se aceptarán cartas o director que presenten experiencias e opinións de interese para a atención primaria como informes curtos de estudos de investigación e descricións de series de casos clínicos. No texto deste tipo de cartas débese facer referencia aos obxectivos, deseño do estudo, medicións, resultados e conclusións principais
O número máximo de autores será de 4
Requisitos:
- Manuscrito: recoméndase unha extensión máxima de 600 palabras (sen contabilizar a bibliografía nin as táboas). Declararase a existencia ou non de conflicto de intereses
- Táboas/figuras: máximo 1
- Bibliografía: 6 referencias bibliográficas. No caso de cartas que se refiran a un artigo publicado, unha das referencias debe corresponder a este artigo.
Humanidades
Neste apartado publicaranse traballos literarios, de historia, reflexións persoais, chistes, fotos, entrevistas a persoas relevantes, anécdotas… Calquera cousa que amose sentimentos, emocións, coñecementos non meramente científicos e que poida ser de interese para os lectores da revista.
O número máximo de autores será 3.
Requisitos:
- Presentación do autor: breve presentación do autor (nome, apelidos, lugar de nacemento e filiación), cunha breve biografía que non excederá das 50 palabras.
- Manuscrito: recomendase unha extensión máxima de 1300 palabras (sen contabilizar a presentación do autor, a bibliografía nin as táboas)
- Táboas/figuras: máximo 2
- Bibliografía: 10 referencias bibliográficas.
Traballos Fin de Residencia Atención Familiar e Comunitaria
Enviarase como arquivo adxunto en formato Word ou PDF unha “Carta de Presentación” que inclúa:
Título do traballo
Autores
Data de Presentación
Unidade Docente
Enviarase ademáis un resumo de un máximo de 350 palabras en galego ou español ( tradución ao inglés opcional)
Estructura do resumo
- Obxectivo: identificación clara do propósito principal do estudo.
- Deseño: descrición do deseño do estudo (ensaio clínico aleatorio, estudo de casos e controis...) e as súas características básicas se son relevantes (dobre cego, multicéntrico...). Se o deseño non corresponde a un deseño claro, deben indicarse as súas características principais (transversal ou lonxitudinal, prospectivo ou retrospectivo, observacional ou de intervención, controlado ou non controlado...).
- Emprazamento: marco ou nivel de atención sanitaria (atención primaria, hospitalaria, comunitaria...).
- Participantes: características dos pacientes, criterios de selección, número de suxeitos incluidos e número de non respostas e abandonos que se produciron.
- Intervencións (en estudos de intervención): características principais, incluíndo a pauta de administración e duración, das intervencións realizadas tanto no/s grupos de estudo como no/s de comparación.
- Medicións principais: principais variables do estudo, especialmente a variable de resposta utilizada e o seu método de avaliación.
- Resultados: principais resultados, identificando o tipo de medida utilizado e o seu correspondente intervalo de confianza. Cando sexa conveniente, deberáse incluír o nivel de significación estatística.
- Conclusións: principais conclusións que se derivan dos resultados do estudo, incluíndo a súa aplicación práctica.
Palabras chave:
Deben presentarse en español ou galego, opcionalmente en inglés.
Mínimo 3; máximo 6: derivadas do Medical Subject Hedings (MeSH) da National Library of Medicine. Dispoñible en https://www.ncbi.nlm.nih.gov/mesh
Aviso de dereitos de autor/a
Todos os artigos de Cadernos de Atención Primaria publícanse en Acceso Abierto baixoo licenza Creative Commons CC BY-NC-ND 4.0
O titular dos dereitos é a revista Cadernos de Atención Primaria.
Declaración de privacidade
Nesta Política de Privacidade, a Revista Cadernos de Atención Primaria e a Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria poñemos á túa disposición toda a información sobre o tratamento de datos de carácter persoal que realizamos. Por favor, recomendámosche que leas sempre antes de facilitar calquera dato de carácter persoal.
Un dato de carácter persoal é calquera información que te identifique, ben directamente como o teu nome e apelidos, dirección electrónica ou email, dirección postal, teléfono, ou ben outros datos que aínda que non te identifican directamente se están directamente relacionados contigo.
Para a Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria a protección da túa información e datos é moi importante, non só polo cumprimento das obrigacións que a normativa legal imponnos e, por iso, implementamos mecanismos seguros de transmisión de datos.
Nesta Política de Privacidade facilitámosche toda a información sobre os seguintes aspectos:
- Quen é o responsable do tratamento dos teus datos?
- Que datos recompilamos?
- Como se usa a información?
- Como e onde se comparte a información?
- Seguridade dos teus datos
- Os teus Dereitos e o acceso á información
- Responsable de Privacidade
QUEN É O RESPONSABLE DO TRATAMENTO DOS DATOS?
Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria
CIF: G15136245
Para calquera dúbida, pregunta ou comentario que queiras facernos chegar, facilitámosche os seguintes puntos de contacto:
Teléfono: +34 634470960
Email: secretaria@agamfec.com
QUE DATOS RECOMPILAMOS?
Recompilamos fundamentalmente nome apelidos e datos de contacto ( dirección de correo electrónico, número de teléfono de ser o caso)
COMO SE USA A INFORMACIÓN E DATOS QUE NOS FACILITAS?
A finalidade do tratamento dos datos persoais que facilitase á Revista Cadernosde Atención Primaria, e subsidiariamente á Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria veñen dadas pola necesidade de:
- Enviar novidades da revista Cadernos de Atención Primaria
- Xestionar a recepción e publicación de artigos.
Os datos persoais facilitados conservaranse mentres dure a súa relación coa revista Cadernos de Atención Primaria e a Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria, manténdose máis aló cando por imperativo legal se estableza. Igualmente, comunicámoslle que os seus datos persoais non serán utilizados pola Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria para a elaboración de perfís comerciais. O tratamento da súa información persoal levaráse a cabo de forma lícita, leal, transparente, adecuada, pertinente, limitada, exacta e actualizada.
Así mesmo, o usuario garante que os datos achegados son verdadeiros, exactos, completos e actualizados, sendo responsable de calquera dano ou prexuízo, directo ou indirecto, que puidese ocasionarse como consecuencia do incumprimento de tal obrigación. No caso de que o usuario facilite datos de terceiros, manifesta contar co consentimento dos mesmos e comprométese a trasladarlle a información contida nesta cláusula, eximindo á Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria de calquera responsabilidade neste sentido.
Como e onde se comparte a información?
Os teus datos non van ser compartidos con terceiras empresas ou persoas alleas á Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria.
Nos casos establecidos legalmente, debemos compartir a túa información coas administracións públicas que teñen competencia nas devanditas áreas de acordo ás obrigacións legais existentes.
A Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria dá gran importancia á seguridade de toda a información de identificación persoal. Por iso, adoptamos medidas para protexer correctamente os datos que tratamos e manter a súa confidencialidade e respecto da túa intimidade.
Unha vez que recibísemos a túa información, sobre os devanditos datos implementamos medidas de seguridade para garantir o acceso, confidencialidade, integridade e evitar calquera perda, mal uso e/ou alteración dos datos que están baixo o noso control.
Os teus Dereitos e o acceso á información
De acordo coa normativa vixente comunitaria (Regulamento UE 679/2016, do 27 de abril) e Española (Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro) tes a posibilidade de exercitar os seguintes dereitos personalísimos, acreditando de maneira fidedigna a túa identidade, ben a través de medios electrónicos (no caso de newsletters, comunicacións e correos electrónicos) ou ben a través de comunicación por escrito dirixida ao noso Responsable de Privacidade.
Os teus dereitos son os seguintes:
- Dereito a revogar o teu consentimento e solicitarnos que non procesemos os teus datos persoais con fins comerciais, nin para enviarche comunicacións a través de correo electrónico, mensaxes sms, chamadas telefónicas e newsletters.
- Dereito de acceso á información que dispoñemos referente á túa persoa, con especificación das finalidades do tratamento que realizamos e as comunicacións que realizamos a terceiras administracións e empresas, ben por atoparse autorizadas por lei ou por ser necesarias para a prestación do servizo que nos solicitaches, ben por outorgado o teu consentimento previo.
- Dereito de rectificación dos teus datos, polo que actualizaremos e poñeremos ao día a información e datos que dispoñemos segundo a información que nos facilites.
- Dereito á supresión dos teus datos, unha vez cumpridos os prazos legais de conservación fixados pola normativa de aplicación.
- Dereito a opoñerte a que realicemos calquera actividade de tratamento dos teus datos, a través da revogación da túa autorización/consentimento.
- Dereito a limitar o tratamento dos teus datos, coma no caso que interpoñas unha reclamación ou queiras que conservemos os teus datos por un prazo superior, evitando a súa supresión.
- Dereito á portabilidade dos teus datos, polo que che facilitaremos nun formato de arquivo de lectura común aqueles datos que nos facilitaches no momento do teu rexistro como usuario.
Ademais, informámosche que sempre poderás acudir á Autoridade de Control Española de Protección de Datos (Axencia Española de Protección de Datos, www.agpd.es) para solicitar a súa tutela ou interpoñer unha reclamación en relación ao tratamento de datos persoais.
A nosa páxina pode conter ligazóns cara a e desde outras páxinas web, ben dos nosos partners, socios, empresas asociadas, entre outros. Se accedes a estas páxinas, ten en conta que nas mesmas poden serche solicitados datos ou informacións persoais. Por iso, informámosche que cando visites estas páxinas debes visitar as súas políticas de privacidade.
En calquera momento poderasnos solicitar, de maneira totalmente gratuíta, ben por carta ou a través de correo electrónico, o exercicio dos teus dereitos, debendo incorporar á túa solicitude fotocopia do seu DNI/ NIE/Pasaporte, debido a que se trata dun dereito personalísimo.
As túas solicitudes deberás envialas ao noso Responsable de Privacidade na seguinte dirección:
Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria
Delegado de Protección de Datos: secretaria@agamfec.com