Se o sei non veño o médico...
Resumo
ÁMBITO: Atención primaria e urxencias hospitalarias.
MOTIVO DE CONSULTA: Dor torácico
HISTORIA CLÍNICA:
Antecedentes persoais: Varón 80 años. Exfumador. 750ML de viño o día. Cardiopatía isquémica, estenose aórtica severa que decidiu non operar por medo a cirurxía e porque as limitacións para a súa actividade habitual non eran significativas. DM tipo 2.
Anamnese: Dende fai dúas semanas dor torácica de mínimos esforzos e cortexo vexetativo. Previamente dor torácico de anos de evolución de moderados esforzos, coma pasear costa arriba, que en cardioloxía se achacou a súa estenose aórtica. Acude o seu MAP quen decide ante o gran empeoramento clínico derivalo o SUH tras una exploración e un EKG sen alteracións significativas.
Exploración: TA 110/70. Bo estado xeral. COC. Eupneico a aire ambiente. Soplo pansistólico.
Probas complementarias: Anemización de 3.5 ptos de hemoglobina con respeto a analítica previa de control da DM fai 22 días, pasando de 13.2 a 9.7 g/dL. Troponina T normal.
Enfoque familiar e comunitario: Albañil xubilado, vive só no rural, viúvo, independente para as AIVD, un fillo vive nunha casa próxima. Moi reacio a acudir o hospital dende o pasamento da súa muller.
Diagnóstico:Angor hemodinámico.
Evolución: Tras constatar anemización reinterrógase referindo o paciente feces negras habituais que achaca o viño tinto. No tacto rectal vense restos de feces melénicas polo que se contacta co servizo de dixestivo para EDA obxetivándose dúas úlceras gástricas cun test de ureasa positivo.
Tratamento: Fluidoterapia, omeprazol, un concentrado de hematíes.
CONCLUSIÓNS: Doente típico do rural galego, maior, con consumo excesivo de alcohol que só acude cando realmente se encontra moi mal (de ahí o título do caso). É imprescindible para nós coñecer ben ós nosos pacientes para poder identificar rápidamente casos coma este.
##submission.downloads##
Publicada
##submission.license##
##submission.copyrightStatement##
##submission.license.cc.by-nc4.footer##