MacroGOT

Autores/as

  • Yaiza de Paz Amoedo MIR de medicina familiar e comunitaria
  • Leticia Seoane Fernández MIR de medicina familiar e comunitaria
  • Ramón Veras Castro Médico de familia. Galicia

Palabras clave:

Atención Primaria, hipertransaminasemia, MacroGOT

Resumo

Ámbito: Atención Primaria

Motivo de consulta: Elevación persistente e asintomática de GOT

Historia:

Muller de 71 anos na que, en diferentes controis analíticos de seguimento na consulta de atención primaria, encóntrase GOT elevada de maneira fluctuante (cifras comprendidas entre 470 UI/L e 180 UI/L) e illada (única enzima elevada dentro dos marcadores de perfil hepatobiliar) desde o ano 1999, dta na que consta na primeira analítica no IANUS.

Como antecedentes personaIS presenta: dislipemia, dispepsia, depresión, diverticulosE e hipotiroidismo.

Actualmente a tratamiento con Levotiroxina 75 mcg, Lormetazepam 2 mg, Atorvastatina 10 mg, Vitamina B12 1000 mcg, Citalopram 10 mg E Quetiapina 25mg, todos iniciados posteriormente Á primeIra obxectivación da alteración analítica.

Ante estas alteracións, cunha exploración física anodina, inicíase estudo de filiación solicitando:

  • Seroloxía de virus hepatotropos B e C: negativas.

  • Anticorpos específicos de filiación de hepatite autoinmune: Anticorpos antinucleares, anticorpos anti-músculo liso, anticorpos antimitocondrias, anticorpos anti-LMK: todos negativos.

  • Marcadores tumorais de carcinomas de etioloxía abdominal: Ca. 19.9, Ca. 125 e CEA: Negativos.

  • Ecografía abdominal: normal.

 

Xa que os resultados están dentro da normalidade, pensamos na opción dunha posible macro glutamato-oxalacelato transaminasemia (macro-GOT), coméntase o caso co laboratorio, onde deciden realizar unha “proba de precipitación de polietilenglicol”. A proba resultou positiva, confirmando o diagnóstico desta patoloxía benigna, que non precisa tratamiento nin máis estudos complementarios.

Conclusión: Ante unha elevación de GOT illada e persistente, previo descarte da elevación por otras posibles etioloxías: hepatopatía por virus hepatotropos, hepatite autoinmune, enfermidade de Wilson, hemocromatose, causas musculares…, parece conveniente pensar nesta posibilidade clínica que ten un diagnóstico sinxelo e pouco invasivo.

Para a presentación deste caso contamos co consentimento informado vía oral da paciente.

##submission.downloads##

Publicada

01.11.2023

Número

Sección

Casos clinicos

Categorías