Fortaleciendo la educación sexual: Actitudes de adolescentes. Estudio transversal en centros de secundaria del área sanitaria de Vigo

Autores/as

  • Iago González

Resumo

Neste estudo transversal analizáronse as actitudes, crenzas e coñecementos sexuais de adolescentes escolarizados en 3º e 4º da ESO en institutos da Área Sanitaria de Vigo. A través dun cuestionario validado aplicado a 281 participantes, buscouse identificar os factores asociados ao comportamento sexual, o nivel de coñecemento en saúde sexual e os métodos anticonceptivos máis empregados. O obxectivo principal foi analizar as actitudes e crenzas sexuais dos adolescentes. Os obxectivos secundarios incluíron a exploración do coñecemento sobre planificación familiar e prevención de infeccións de transmisión sexual, a comparación dos coñecementos segundo o xénero e a identificación dos métodos anticonceptivos máis utilizados.

O estudo deseñouse como unha investigación descriptiva, observacional e transversal. Os datos recompiláronse mediante un cuestionario estruturado en dúas partes: unha de elaboración propia e outra validada. Incluíronse variables sociodemográficas, condutas sexuais, consumo de substancias e coñecementos sobre infeccións de transmisión sexual. Empregouse unha análise estatística que combinou probas Chi cadrado e U de Mann-Whitney para identificar diferenzas significativas, considerando un nivel de significación de p < 0,05.

Os resultados indicaron que o 51% das persoas enquisadas tiveran experiencias sexuais, sendo o preservativo o método anticonceptivo máis utilizado (65%), aínda que un 11% reportou relacións sen protección en ocasións. A idade media de inicio nas relacións sexuais foi de 14 anos. Ademais, un 44% dos participantes consumira alcol no último ano e un 9,6% mantivera relacións sexuais baixo os efectos de substancias. Aínda que o 70% dos adolescentes recibiron formación sexual, persisten conceptos erróneos respecto aos métodos anticonceptivos e á prevención das infeccións de transmisión sexual. Non se observaron diferenzas significativas entre xéneros en canto ao nivel de coñecemento.

Este estudo evidencia importantes carencias na educación sexual da mocidade, o que subliña a necesidade de deseñar programas máis eficaces e accesibles que empreguen ferramentas dixitais e enfoques participativos. A colaboración entre centros educativos, familias e profesionais da saúde é fundamental para pechar estas fendas, fomentar o autocuidado e previr as infeccións de transmisión sexual, capacitando a mocidade para tomar decisións informadas.

Publicada

10-06-2025

Número

Sección

Unidade Docente Multiprofesional de Atención Familiar e Comunitaria de Vigo