Unha infección vista na radiografía
Resumo
Ámbito do caso: Atención primaria.
Motivo de consulta: Varón de 67 anos que acude a consulta de crónicos e refire tos.
Historia clínica:
-
Enfoque individual:
-
Antecedentes persoais: Non alerxias medicamentosas coñecidas. Exfumador. Dislipemia. Hipertensión arterial. Cardiopatía en decembro 2010. Arteriopatía periférica con oclusión fémoro-poplítea bilateral.
-
Anamese: Refire tos irritativa de varios días de evolución. Afebril. Refire espirros moi ocasionais, non clínica de rinite nin lacrimación.
-
Exploración física: auscultación pulmonar con murmurio vesicular conservado sen ruídos sobreengadidos. Orofarinxe e oídos normais. Non se palpan adenopatías cervicais.
-
Probas complementarias: sen alteracións significativas, Test de antíxenos SARS-Cov2 negativo.
-
-
Enfoque familiar e comunitario: Non convivintes con clínica semellante.
-
Xuízo clínico/diagnóstico diferencial/identificación de problemas: ante esta clínica plantéxase nun primeiro momento os diagnósticos de hiperreactividade bronquial ou traqueíte.
-
Tratamento: desloratadina polas noites.
-
Evolución: Ante a falta de melloría, reconsulta. Comeza con disnea polo que se solicita unha radiorafía de tórax urxente con evidencia opacidade no lóbulo superior e medio dereito compatible con pneumonía pautándose levofloxacino e symbicor. Solicítase unha radiografía de control post-tratamento. Tras unha semana non presenta melloría polo que se deriva a urxencias onde pneumoloxía indica control radiográfico en 4 semanas e de persistiren a lesión derivar por vía rápida. No control radiolóxico persiste condensación sen cambios polo que é derivado vía rápida e solicítase unha anxiotomografía computarizada na que informan dunha condensación parenquimatosa na rexión inferior do lóbulo superior dereito con gas no interior e patrón en vidro deslustrado compatible cunha pneumonía cavitada aconsellando seguimento para descartar carcinoma de pulmón.
-
Conclusións:
-
Destacar a importancia da consulta de crónicos na atención primaria, asentada na confianza médico-paciente para a detección temperá de patoloxías, xa que somos a porta de acceso ao sistema sanitario.
-
Educación sanitaria dos pacientes para un uso axeitado dos recursos.
-
##submission.downloads##
Publicada
##submission.license##
##submission.copyrightStatement##
##submission.license.cc.by-nc4.footer##