INVISIBILIZADAS
PREMIO AO MELLOR CASO CLÍNICO
Resumo
- Ámbito do caso: Atención Primaria, Urxencias.
- Motivos de consulta: Desorientación, vómitos.
- Historia clínica:
- Antecedente: HTA. DM. Obesidade.
- Anamnese: Muller 57 anos que solicita atención médica en repetidas ocasións por deterioro do estado xeral, desorientación e debilidade tras retirada de balón gástrico por vómitos persistentes. Etiquetada nunha das ocasións de trastorno conversivo e síndrome ansioso-depresivo, solicita de novo atención ante persistencia da clínica.
- Exploración: Baixo nivel de consciencia. Astenia, mareo, desorientación. Alteración da memoria. Bradipsiquia. Nistagmo e oftalmoplexia. Desequilibrio.
- Probas complementarias:
- TAC cranial: normal.
- Punción lumbar: normal.
- Analítica: hipopotasemia, hipofolatemia.
- Xuízo clínico: Encefalopatía de Wernicke.
- Diagnóstico diferencial: infección (SNC, outra), proceso oncolóxico (metástasis, tumor ccerebral), trastornos metabólicos, tóxicos, síndrome confusional agudo, patoloxía psiquiátrica.
- Tratamento: Tiamina. Suplementos vitamínicos. Rehabilitación. Estimulación cognitiva.
- Evolución: Melloría cognitiva progresiva. Marcha autónoma pero cautelosa. Persiste certa alteración da memoria. Tolerancia oral progresiva. Independente.
- Conclusións:
- Neste caso é relevante o feito de que se etiquetase como patoloxía mental un cadro clínico sen descartarse previamente toda a organicidade posible.
- Existe en medicina un sesgo de xénero polo cal se tende a atribuír máis frecuentemente un compoñente psicosomático ou emocional ás queixas realizadas polas mulleres respecto a aquelas realizadas polos homes, invisibilizando así patoloxías moitas veces graves e con consecuencias importantes na saúde destas.
- Polo tanto, unha das conclusións máis importantes neste caso é a de reflexionar sobre como nos vemos influídas polas características (xénero, social, patoloxía mental…) que presenten as nosas pacientes á hora do diagnóstico e manexo, tendo en conta ademais, que as pacientes de xénero feminino son máis vulnerables a estes sesgos.
- Ademais, como médicas de familia temos a sorte de coñecer a personalidade e conducta previas das nosas pacientes e das súas familias, o que nos aventaxa á hora de valorar máis obxectivamente posibles cambios ou alteracións que se produzan nelas.
##submission.downloads##
Publicada
01.11.2023
##submission.license##
##submission.copyrightStatement##
##submission.license.cc.by-nc4.footer##