Bicos de Lipschütz

Autores/as

  • Raquel Arranz
  • María Eirín Feijoó
  • Iria Rodríguez Rial
  • Laura Centeno García

Resumo

Judith, de 19 anos, acode á nosa consulta por aparición de úlceras xenitais dolorosas desde fai 48h. Sen antecedentes de interese. Estivo tomando Amoxicilina-clavulánico por un cadro de faringoamigdalitis os 5 días previos á aparición das lesións, xa resolto.

 

Este é o seu primeiro episodio. Afebril, sen dor abdominal. Non iniciou actividade sexual. Nega clínica miccional ou cambios no fluxo vaxinal. Non tivo aftas orais nin conjuntivitis recorrentes. FUR 10/07/2023 sen sangrados intermenstruales. Ausencia de traumatismos nin uso de productos tópicos. Non outra clínica por aparellos.

 

Exploración física: dous úlceras vulvares en introito, con halo eritematoso e fondo fibrinoso, en bico (ou en espello). Non presenta outras lesións en pel. Resto de exploración física anodina.

 

Entre os posibles diagnósticos diferenciais, barallamos enfermidades de transmisión sexual (herpes, sífilis, linfogranuloma venéreo, chancroide), infeccións (bacterianas, micóticas, leishmania); dermatosis (pénfigo, NET, Behçet, Chron, LES), neoplasias e úlceras de Lipschutz..

 

Indicamos crema íntima baseada en vitamina E e analgesia oral, solicitamos probas complementarias (analítica completa de sangue, de ouriños, seroloxías e mostra da úlcera) e recitamos para vixilancia evolutiva e resultados.

 

Na revisión aos 8 días, a paciente atópase asintomática, con resolución das lesións. Infórmaselle de que non hai achados relevantes nas probas complementarias e explícase a afección máis probable.

 

Diagnóstico: úlcera de Lipschutz.

 

Conclusión: A úlcera de Lipschüz, tamén chamada úlcera xenital aguda, é unha entidade de etiopatoxenia controvertida e infradiagnosticada. Caracterízase por úlceras autolimitadas en vulva ou vaxina en pacientes adolescentes sexualmente non activas. É esencial realizar anamnesis e exploración física completas para orientar a nosa sospeita e posterior diagnóstico diferencial. As probas complementarias son básicas para poder chegar a este diagnóstico de exclusión. É importante transmitir unha mensaxe tranquilizador ás familias mentres se completa o estudo, sobre todo en ausencia de relacións sexuais.

##submission.downloads##

Publicada

01.11.2023

Número

Sección

Casos clinicos

Categorías