DOR LUMBAR CON TRAMPA
Resumen
Resumo
-
Ámbito: Atención primaria e atención hospitalaria.
-
Motivo de consulta: Dor lumbar dereita
-
Historia clínica:
-
Antecedentes persoais: Sen antecedentes de interés. Non alerxias medicamentosas coñecidas. Deportista.
-
Anamnese: Varón de 23 anos que ven á consulta por dor lumbar dereita de 3 dias de evolución. A dor empeora cos movementos, irradia a cara interna de coxa e non mellora ca toma de analxesia nin coa fisioterapia. Reconsulta esa mesma tarde por tiritona sen outra clínica nova . Non presenta síntomas urinarios nin gastrointestinais.
-
Exploración física: TA 126/74, FC 72, Tº37,7 BEX, COC,
-
Lasegue negativo, forza e sensibilidade normais. Dor coa flexión da coxa dereita e manobras de estiramento psoas.
Non dor en apófisis espinosas
Abdomen: Depresible e non doloroso.
PPR: Dereita positiva.
Probas complementarias en primaria:
Multistix normal.
-
Xuizo clínico / diagnostico diferencial: plantexase como primeiro diagnóstico lumbalxia, posteriormente ante a aparición de febrícula e a ausencia de datos de infección a outros niveis, remítese a urxencias coa sospeita de absceso de psoas.
-
Evolución do caso:
Tras a primeira valoración en urxencia hospitalaria, na que non se realizan probas complementarias, consulta de novo de madrugada, e emprázase para relizar ecoscopia en AP á mañá seguinte, que resulta normal. O paciente segue con clínica, o que condiciona dúas novas asistencias a urxencias hospitalarias, nas cales, tras a realización de varias analíticas, ecografía, TC e por fin RM acádase o diagnóstico de piomisite do psoas, motivo polo que ingresa para antibioterapia IV (Cefazolina)
-
Conclusions: Unha boa anamnese e exploración física pode permitir un diagnóstico precoz e adecuado incluso en patoloxías infrecuentes. Neste caso a perspectiva integradora da exploración musculoesquelética, os signos físicos e as probas sinxelas acadaron un diagnóstico máis precozmente que outras probas complementarias máis complexas.
Descargas
Publicado
Licencia
Derechos de autor 2025 XORNADAS AGAMFEC

Esta obra está bajo una licencia internacional Creative Commons Atribución-NoComercial 4.0.