A importancia dunha boa exploración

Autores/as

  • Andrés Sal Valiño Médico Residente
  • Mar Castiella Bañales
  • Cristina Deus García
  • Alba Marcos Atanes
  • Javier Sal Valiño

Resumen

Título: A importancia dunha boa exploración.

Ámbito do caso: Atención Primaria.


Motivo de consulta: diarrea.


Antecedentes persoais: NAMC. Fumadora. Obesidade.


Anamnese: Muller 55 anos, consulta no Centro de Saúde por presentar dende hai 5 meses en
torno a 3-5 deposicións diarias líquidas, sen productos patolóxicos. Asocia molestias ocasionais
a nivel suprapúbico. Non pérdida ponderal. Mantén apetito. Nega outra clínica. Menopausia aos
52 anos.


Exploración física:
Bo estado xeral. Adecuadamente hidratada e perfundida. Abdome non distendido, brando con
excepción de rexión suprapúbica e hipogastrio, onde coa palpación profunda parece apreciarse
masa de consistencia dura, con leve molestia á palpación asociada. Sen outras alteracións.
Amplíase a exploración realizando ecografía abdominal na consulta, apreciándose imaxe
suxestiva de quiste tabicado de gran tamaño, parece depender de ovario. Suxire masa anexial.
Derívase a Urxencias Xinecoloxía.

Probas complementarias solicitadas por Xinecoloxía:
Analítica: Hemograma, bioquímica, coagulación sen alteracións. MT: CEA 8.2; resto marcadores
negativos.
TCTAP: Masa retrouterina de aspecto quístico con tabiques lisos sen focos
nodulares hipercaptantes, bordes lisos ben definidos. Mide 14x12x17cm.
Non se identifican signos de infiltración macroscópica do útero. Pequena
cantidade de fluido peritoneal en pelvis. Ganglios mesentéricos
inferiores. CONCLUSIÓNS: Masa pélvica de probable orixe ovárica
(cistoadenoma,ca,etc). Sen evidencia de enfermidade metastásica.


Diagnóstico: Masa pélvica de probable orixe ovárica


Plan de actuación: Intervención cirúrxica, laparotomía exploratoria con anatomía patolóxica
intraoperatoria.


Conclusións: -Importancia de realizar unha adecuada e exhaustiva exploración física, pois moitas veces con
iso imos conseguir detectar un problema de saúde potencialmente grave a tempo, que podería
pasar desapercibido cunha exploración máis superficial. -Relevancia que adquire na práctica diaria a ecografía como ferramenta complementaria á
anamnese e exploración física, sendo de utilidade para clarificar casos dubidosos ou confirmar
sospeitas ante síntomas, signos ou achados exploratorios que nos chamen a atención, evitando
demoras de probas complementarias e acortando tempos ata o diagnóstico definitivo.

Publicado

14.05.2025

Número

Sección

Casos clínicos

Categorías