Unha Hematuria multifactorial? Diagnóstico de neoplasia vesical en AP mediante ecografía.
Palabras clave:
Cancer, Vesical, Ecografía, Vejiga, Atención Primaria, APResumen
MOTIVO DE CONSULTA E HISTORIA CLÍNICAVarón de 85 anos. Antecedentes de HTA, DM tipo 2, HBP, múltiples aneurismas arteriais (aorta abdominal, ACM dereita e top basilar), enfermidade renal crónica G3A e Macroglobulinemia de Waldeström que condiciona plaquetopenia crónica.
Solicitou consulta urxente por hematuria franca de 24h de evolución sen antecedentes traumáticos, infecciosos nin manipulacións recentes da vía urinaria. A exploración física resultou anodina. Solicitouse mostra de ouriños pero o paciente acababa de ouriñar. Emprazouse ó paciente a realizar inxesta hídrica abundante e acudir a última hora para realizar ecografía e aportar mostra.
Ecografía: vexiga moderadamente replecionada. Visualizouse na parede vesical unha lesión verruciforme de 30x17mm, con base ampla e escasa captación de Doppler. A lesión aparentaba extenderse intramuralmente con tamaño de 41x43mm.
Tira de ouriños: hematuria franca con leucocitos 2+ e proteínas 4+.
Ante alta sospeita de neoplasia vesical derivouse a Uroloxía por Vía Rápida. Confirmouse mediante cistoscopia a presenza da lesión e programouse intervención.
DIAGNÓSTICO
O diagnóstico diferencial da hematuria inclúe patoloxías renais, hematolóxicas e urolóxicas. O paciente presentaba factores que poderían indicar calquera orixe: a plaquetopenia e a Macroglobulinemia de Waldeström son causas hematolóxicas de hematuria macroscópica; a ERC e a proteinuria abundante poden indicar orixe renal; a HBP pode provocar hematuria; e a idade e a abundancia da hematuria parecía indicar orixe tumoral.
A ecografía realizada na consulta achegou rápidamente o diagnóstico e a orientación da interconsulta hospitalaria sen necesidade de máis estudos.
CONCLUSIÓNS
1. A patoloxía tumoral vesical é a principal causa de hematuria macroscópica en pacientes maiores de 50 anos1,2. Debe ser a sospeita clínica inicial neste grupo de idade.
2. Nalgúns pacientes poden coexistir factores que indiquen máis dunha orixe distinta. Nestes casos, a ecografía é unha ferramenta útil e rápida na consulta de AP para iniciar un estudo máis dirixido (S63%; E99%)3.
Descargas
Publicado
Licencia
Derechos de autor 2023 XORNADAS AGAMFEC
Esta obra está bajo una licencia internacional Creative Commons Atribución-NoComercial 4.0.