Odinofaxia: máis alá da faringoamigdalite
Resumen
1. Ámbito:Atención Primaria
2. Motivo de consulta: Odinofaxia e otalxia dereita
3. Historia clínica:
Antecedentes persoais: Varón de 63 anos. Fumador activo, alcoholismo crónico. HTA. Hiperhomocisteinemia. Hematoma intraparenquimatoso. Portador de colostomía. Amigdalectomizado.
b. Anamnese, exploración e evolución:
i. Cadro de 6 días de evolución de odinofaxia sen afonía nin disfaxia, e
otalxia dereita. Na exploración física destaca unha lixeira hiperemia
orofarínxea. Non se identifican adenopatías e a otoscopia é anodina.
Ante a sospeita de farinxite irritativa/vírica recoméndanse medidas
físicas e evitar o consumo de tabaco e alcohol.
ii. Un mes despois o paciente volve consultar por mala evolución.Recoñece que non seguiu as recomendacións indicadas. Sensación de adormecimento lingual dereito e dor cervical ipsilateral. Sialorrea e dificuldade para mastigar, pero traga con normalidade. Nota melloría
con analxesia simple. Na exploración física identifícanse pequenas lesións brancas no padal posterior e no pilar amigdalino dereito.Adenopatía subcentimétrica móvil e dolorosa submandibular dereita.
Iníciase tratamento con Fluconazol 100mg sospeitando un micose oral. Marcada melloría clínica posterior. iv. Cítase para revisión unha semana despois. Refire atoparse mal novamente tras rematar o tratamento. Aparece ademais clínica de adelgazamento subxectivo e atragantamentos ocasionais. Dada a evolución e os antecedentes persoais solicítase valoración prefente por otorrinlaringoloxía e reiníciase tratamento antifúnxico asociado con analxesia.
4. Diagnóstico: Trala valoración por otorrinolaringoloxía e a realización de probas complementarias confirmouse o diagnóstico de Carcinoma epidermoide da base da lingua.
5. Conclusións: Tanto a farinxite irritativa como a vírica ou as micosis orais son patoloxías que con frecuencia xustifican cadros semellantes ao que presentaba este paciente. Por outra banda, o consumo de alcohol e tabaco son os principais factores de risco para as neoplasias de orofarinxe e cavidade oral. Naqueles pacientes de risco é fundamental vixiar de preto a evolución e non esquecer a patoloxía oncolóxica como parte do diagnóstico diferencial
Descargas
Publicado
Licencia
Derechos de autor 2023 XORNADAS AGAMFEC
Esta obra está bajo una licencia internacional Creative Commons Atribución-NoComercial 4.0.