Outra espalda máis…
Resumen
- Ámbito do caso: Atención Primaria, Urxencias
- Motivos de consulta: Lumbalxia.
- Historia clínica:
- Antecedentes persoais: Escoliosis. Dermatite atópica.
- Anamnese: Paciente muller de 15 anos que solicita en repetidas ocasións atención médica por lumbalxia de 2 meses de evolución que non cede a pesar de analxesia. Ademais presentou febrícula intermitente sen illamento microbiolóxico nin clínica infecciosa.
- Exploración: Afectada pola dor. Forza e sensibilidade conservadas. Marcha basal, en puntiñas e talóns normal. Continencia dos esfínteres. Sin focalidade neurolóxica. Resto da exploración normal. Sin alteracións cutáneas.
- Probas complementarias:
- RX lumbar: normal
- RMN lumbar: espondilodiscite.
- Hemocultivos: staphylococcus aureus meticilin sensible.
- Xuízo clínico: Espondilodiscitis infecciosa D12-L1. Bacteriemia por Staphylococcus aureus meticilin-sensible.
- Diagnóstico diferencial: lumbalxia mecánica (radicular, mecánica simple), lumbalxia non mecánica (infecciosa, cardiovascular, xenitourinaria, dixestiva, neurolóxica, tumoral, autoinmune).
- Tratamento: Antibiótioco intravenoso e antibiótico oral prolongados. Corsé.
- Evolución: Evolución favorable con control da dor e cese da febrícula. Hemocultivos de control negativos. RMN de control sin novas complicacións.
- Conclusións:
- Neste caso atopámonos ante unha das demandas máis frecuentes tanto nas consultas médicas como en urxencias: a dor lumbar. Este é un problema de saúde moi prevalente e con gran repercusión social, laboral e económica polo que debemos ter moi presente o seu correcto manexo. Aínda que a etioloxía máis frecuente son as alteracións mecánicas, debemos ter en conta certos síntomas ou signos de alarma que nos farán pensar noutras entidades polas que estará indicado realizar probas complementarias e adecuar o tratamento.
- Neste caso debemos ter en conta a idade da paciente (<20 anos), a febrícula e a persistencia da sintomatoloxía a pesar de tratamento analxésico durante máis dun mes.
- Ademais, o seguemento estreito deste tipo de pacientes é fundamental para previr e tratar as posibles complicacións, especialmente tendo en conta as repercusións a longo prazo que poden ter na vida das doentes.
Descargas
Publicado
01.11.2023
Licencia
Derechos de autor 2023 XORNADAS AGAMFEC
Esta obra está bajo una licencia internacional Creative Commons Atribución-NoComercial 4.0.