Artralxia de carpo esquerdo
Palabras clave:
GalegoResumen
Ámbito do caso: Atención Primaria, Servizo Urxencias
Motivo de consulta: artralxia carpo esquerdo
Historia clínica: Varón de 61 anos, vive coa súa muller, traballa no sector naval.
Antecedentes de Hernia inguinal e amputación dunha falanxe. Acode durante 4 días consecutivos a PAC e ao seu centro de saúde por artralxia no carpo esquerdo, que non cede con analxesia, con importante tumefacción que alcanza antebrazo, e parestesias nos dedos con limitación da mobilidade. Nega traumatismos.
Exploración Física: Afebril. Pulsos radiais conservados. Sensibilidade conservada.
Limitación de mobilidade activa. Mobilidade pasiva dolorosa. Leve incremento de temperatura local. Incremento progresivo de tumefacción hasta ⅓ medio do antebrazo. Mans con múltiples cortes pequenos.
Diagnóstico diferencial: Artrite microcristalina, Artrose, Artrite séptica.
Probas complementarias:
Artrocentese: Hemacias 20 /mm3, Células nucleadas 44000/mm3, PMN 80 %,Mononucleares 20 %, Glicosa <10, Non se observan cristais. Cultivo: íllase Neisseria gonorrhoeae.
Analítica de sangue: Úrico 2.5 mg/dL, PCR 11.8 mg/dL PCT 0.41 ng/mL, Leucocitose 14400 con Neutrofilia
Rx: Sen fracturas nin signos de patoloxía aguda.
Xuízo clínico: Artrite séptica
Plan: Derivación a Urxencias dada a importante afectación articular, resistencia ao tratamento analxésico e sospeita de artrite séptica. Decídese ingreso.
Tratamento: Antibioterapia intravenosa con ceftriaxona+cloxacilina iv 14 días + levofloxacino oral 14 días. Analxesia. Artrotomía por síndrome compartimental e fisioterapia.
Evolución: Diminución de tumefacción e dor co tratamento antibiótico e recuperación da mobilidade. Seguimento para realización de curas e control evolutivo en Atención Primaria ata resolución. Posto que se trata dunha ETS, realízase abordaxe familiar dende AP.
Conclusións:
. Importancia da derivación precoz de patoloxía articular ante signos de alarma, neste caso:
-Afectación do estado xeral e o aparello locomotor
Sospeita de poliartrite para completar estudio cunha demora inferior a 6 semanas.
Gota tofácea refractaria a tratamento
Sospeita de artrite séptica
. Seguimento en Atención Primaria tras alta hospitalaria.
Descargas
Publicado
Licencia
Derechos de autor 2023 XORNADAS AGAMFEC
Esta obra está bajo una licencia internacional Creative Commons Atribución-NoComercial 4.0.