Pequenos invasores
Resumen
Ámbito do caso: Atención Primaria
Motivo de consulta: prurito nas inguas.
Historia clínica:
- Enfoque individual:
o Antecedentes persoais: non alerxias medicamentosas coñecidas. Hipertensión arterial a tratamento con IECA, dislipemia a tratamento con estatina, diabetes mellitus tipo II a tratamento con metformina. Sen outros antecedentes de interese.
o Anamnese: varón de 88 anos que consulta por prurito nas inguas de 3 días de evolución. Non episodios previos similares. Non outra clínica por sistemas.
o Exploración física: máculas milimétricas pardentas de distribución suprapúbica (compatibles con maculae caeruleae). Ao dermatoscopio podemos observar un insecto anopluro cunha estrutura concordante con Pthirus pubis ou piollo pato.
o Probas complementarias: ningunha.
- Enfoque familiar e comunitario:
o Familia e comunidade: vive só nunha casa de entorno rural (viúvo dende hai 3 anos). Ten 2 cans, non outras mascotas.
o Diagnóstico diferencial: sarna, tiña inguinal.
o Identificación problemas: non recoñecer o contacto sexual. Posibles dificultades para aplicación do tratamento.
o Tratamento: permetrina ao 1% (aplicar durante 10 minutos), repetir tratamento en 7 días. Rasurado. Lavado de roupa interior e de cama.
o Evolución: revisión do paciente aos 14 días con desaparición da sintomatoloxía.
- Conclusións:
o A importancia do uso do dermatoscopio máis aló de lesións pigmentadas.
o Idoneidade da consulta dos médicos de familia para o diagnóstico precoz de ITS, así como para a educación en saúde e prevención das mesmas.
Descargas
Publicado
Licencia
Derechos de autor 2023 XORNADAS AGAMFEC
Esta obra está bajo una licencia internacional Creative Commons Atribución-NoComercial 4.0.