ACROQUERATODERMIA ACUAXÉNICA SIRÍNXEA

Autores/as

  • Paula Domínguez Veiga SEMFYC
  • María Belén González Pérez
  • Fátima López López

Resumen

ÁMBITO DO CASO
Atención Primaria.
MOTIVO DE CONSULTA
Alteración cutánea a nivel palmar de ambas mans.
ANTECEDENTES PERSONAIS
Sen interese.
ANAMNESIS
Acode a consulta de atención primaria unha muller de 26 anos por alteración cutánea a nivel palmar de ambas as mans tras contacto con auga, dende inicio do verán.
EXPLORACIÓN FÍSICA
Pápulas esbrancuxadas en palmas de ambas mans, con pliegues cutáneos resaltados, aspecto macerado e enrugado. Claro predominio tras contacto con auga xa sexa fría/quente ou doce/salgada, que se resolve espontaneamente de minutos a dúas horas tras o contacto.
PROBAS COMPLEMENTARIAS
Non precisa. O diagnóstico baséase fundamentalmente nun diagnóstico clínico.
Opcións: biopsia cutánea (hiperqueratose compacta con ortoqueratose e dilatación dos ductos ecrinos), dermatoscopia (poros aumentados de tamaño en áreas afectas) ou lámpada de Wood (acentúa áreas involucradas).
DIAGNÓSTICO DIFERENCIAL
- Acroqueratodermia papulotranslúcida hereditaria: Afección AD con inicio arredor da pubertade, as lesións persisten de por vida e non son inducidas pola inmersión en auga.
XUÍZO CLÍNICO
Acroqueratodermia acuaxénica sirínxea.
PLAN E TRATAMENTO
Explicouse natureza benigna do proceso, non requirindo tratamiento específico.
Poderían empregarse produtos a base de cloruro de aluminio tópico ó 15-20% con ou sin queratolítico asociado (urea ou ácido salicílico), e en casos nos que se asocie hiperhidrose palmar, a inxección de toxina botulínica podería ser unha opción.
EVOLUCIÓN
É un trastorno crónico, esporádico, de predominio en ambientes húmidos e quentes.
CONCLUSIÓN
Trátase dun trastorno pouco frecuente, esporádico, de predominio en mulleres en idade infantil ou xuvenil, de natureza benigna, que non ten tratamiento curativo. É unha entidade de diagnóstico clínico que a pesar da súa baixa prevalencia, é de moi fácil diagnóstico unha vez visto un caso na vida. 

Publicado

01.11.2023

Número

Sección

Casos clínicos

Categorías