COMUNICACIÓN DE EXPERIENCIA (educativo-docente)
Resumen
OBXECTIVOS
Ofrecer un curso de primeiros auxilios (RCP básica) para internos en réxime penitenciario.
DESCRIPCIÓN DA EXPERIENCIA
O centro facilitou o espazo necesario para impartir o curso, así coma a difusión do mesmo entre os internos interesados, moitos deles relacionados con actividades sanitarias dentro do propio centro.
O equipo conformouse por 5 facilitadores dotados do material necesario para ofrecer tanto a parte teórica como a práctica (fantomas e DESA).
Acudiron un total de 35 participante aos que se lle ofreceu unha primeira parte baseada nos algoritmos básicos de RCP, seguida dunha parte práctica centrada na posición lateral de seguridade, manobras de RCP e afogamento.
CONCLUSIÓNS
A participación e disposición por parte dos internos foi excelente en todo momento, chegando a acadar os obxectivos do curso sen ningunha incidencia. A interacción entre os facilitadores e os participantes foi igualmente enriquecedora, tanto pola posibilidade de coñecer a realidade dun centro penitenciario, así como acadar os coñecementos básicos en RCP por parte dos internos, os cales se mostraron moi motivados e con gran interese en participar en futuros proxectos.
Tantos os participantes coma o persoal do centro reforzaron o valor desta clase de actividades á hora de dinamizar e re significar o tempo transcorrido neste tipo de instalacións, polo que a avaliación xeral tras rematar o curso foi moi positiva.
APLICABILIDADE
Durante o desenvolvemento da actividade, os participantes compartiron situacións reais transcorridas no propio centro nas que utilizaron ou poderían ter utilizado manobras de RCP básica, tales coma afogamentos ou perdas de coñecemento. Polo tanto, as habilidades adquiridas por parte dos participantes serán de gran valor durante a súa estancia no centro, así como en futuras situacións unha vez finalizada a súa etapa dentro da institución.
Descargas
Publicado
Licencia
Derechos de autor 2023 XORNADAS AGAMFEC
Esta obra está bajo una licencia internacional Creative Commons Atribución-NoComercial 4.0.