Unha infección vista na radiografía

Autores/as

  • Amanda Gómez López
  • Irene Ferreiro Sanmartín

Resumo

Ámbito do caso: Atención primaria.

Motivo de consulta: Varón de 67 anos que acude a consulta de crónicos e refire tos.

Historia clínica:

  • Enfoque individual:

    • Antecedentes persoais: Non alerxias medicamentosas coñecidas. Exfumador. Dislipemia. Hipertensión arterial. Cardiopatía en decembro 2010. Arteriopatía periférica con oclusión fémoro-poplítea bilateral.

    • Anamese: Refire tos irritativa de varios días de evolución. Afebril. Refire espirros moi ocasionais, non clínica de rinite nin lacrimación.

    • Exploración física: auscultación pulmonar con murmurio vesicular conservado sen ruídos sobreengadidos. Orofarinxe e oídos normais. Non se palpan adenopatías cervicais.

    • Probas complementarias: sen alteracións significativas, Test de antíxenos SARS-Cov2 negativo.

  • Enfoque familiar e comunitario: Non convivintes con clínica semellante.

  • Xuízo clínico/diagnóstico diferencial/identificación de problemas: ante esta clínica plantéxase nun primeiro momento os diagnósticos de hiperreactividade bronquial ou traqueíte.

  • Tratamento: desloratadina polas noites.

  • Evolución: Ante a falta de melloría, reconsulta. Comeza con disnea polo que se solicita unha radiorafía de tórax urxente con evidencia opacidade no lóbulo superior e medio dereito compatible con pneumonía pautándose levofloxacino e symbicor. Solicítase unha radiografía de control post-tratamento. Tras unha semana non presenta melloría polo que se deriva a urxencias onde pneumoloxía indica control radiográfico en 4 semanas e de persistiren a lesión derivar por vía rápida. No control radiolóxico persiste condensación sen cambios polo que é derivado vía rápida e solicítase unha anxiotomografía computarizada na que informan dunha condensación parenquimatosa na rexión inferior do lóbulo superior dereito con gas no interior e patrón en vidro deslustrado compatible cunha pneumonía cavitada aconsellando seguimento para descartar carcinoma de pulmón.

  • Conclusións:

    • Destacar a importancia da consulta de crónicos na atención primaria, asentada na confianza médico-paciente para a detección temperá de patoloxías, xa que somos a porta de acceso ao sistema sanitario.

    • Educación sanitaria dos pacientes para un uso axeitado dos recursos.

##submission.downloads##

Publicada

01.11.2023

Número

Sección

Casos clinicos

Categorías