Outra espalda máis…

Autores/as

  • Sarela Betanzos Freire Centro de Saúde de Vilanova de Arousa
  • Paula Castro Castro
  • Nair González
  • Carmen Santos Novas

Resumo

    • Ámbito do caso: Atención Primaria, Urxencias
  • Motivos de consulta: Lumbalxia. 
  • Historia clínica:
    • Antecedentes persoais: Escoliosis. Dermatite atópica.
    • Anamnese: Paciente muller de 15 anos que solicita en repetidas ocasións atención médica por lumbalxia de 2 meses de evolución que non cede a pesar de analxesia. Ademais presentou febrícula intermitente sen illamento microbiolóxico nin clínica infecciosa. 
    • Exploración: Afectada pola dor. Forza e sensibilidade conservadas. Marcha basal, en puntiñas e talóns normal. Continencia dos esfínteres. Sin focalidade neurolóxica. Resto da exploración normal. Sin alteracións cutáneas. 
    • Probas complementarias
      • RX lumbar: normal
      • RMN lumbar: espondilodiscite. 
      • Hemocultivos: staphylococcus aureus meticilin sensible.
  • Xuízo clínico: Espondilodiscitis infecciosa D12-L1. Bacteriemia por Staphylococcus aureus meticilin-sensible. 
  • Diagnóstico diferencial: lumbalxia mecánica (radicular, mecánica simple), lumbalxia non mecánica (infecciosa, cardiovascular, xenitourinaria, dixestiva, neurolóxica, tumoral, autoinmune).
  • Tratamento: Antibiótioco intravenoso e antibiótico oral prolongados. Corsé. 
  • Evolución: Evolución favorable con control da dor e cese da febrícula. Hemocultivos de control negativos. RMN de control sin novas complicacións. 
  • Conclusións: 
  • Neste caso atopámonos ante unha das demandas máis frecuentes tanto nas consultas médicas como en urxencias: a dor lumbar. Este é un problema de saúde moi prevalente e con gran repercusión social, laboral e económica polo que debemos ter moi presente o seu correcto manexo. Aínda que a etioloxía máis frecuente son as alteracións mecánicas, debemos ter en conta certos síntomas ou signos de alarma que nos farán pensar noutras entidades polas que estará indicado realizar probas complementarias e adecuar o tratamento. 
  • Neste caso debemos ter en conta a idade da paciente (<20 anos), a febrícula e a persistencia da sintomatoloxía a pesar de tratamento analxésico durante máis dun mes. 
  • Ademais, o seguemento estreito deste tipo de pacientes é fundamental para previr e tratar as posibles complicacións, especialmente tendo en conta as repercusións  a longo prazo que poden ter na vida das doentes.

##submission.downloads##

Publicada

01.11.2023

Número

Sección

Casos clinicos

Categorías