INVISIBILIZADAS

PREMIO AO MELLOR CASO CLÍNICO

Autores/as

  • Sarela Betanzos Freire Centro de Saúde de Vilanova de Arousa
  • Paula Castro Castro
  • Joana Sousa
  • Nerea Ares Furelos

Resumo

    • Ámbito do caso: Atención Primaria, Urxencias.
    • Motivos de consulta: Desorientación, vómitos.
    • Historia clínica:
      • Antecedente: HTA. DM. Obesidade. 
      • Anamnese: Muller 57 anos que solicita atención médica en repetidas ocasións por deterioro do estado xeral, desorientación e debilidade tras retirada de balón gástrico por vómitos persistentes. Etiquetada nunha das ocasións de trastorno conversivo e síndrome ansioso-depresivo, solicita de novo atención ante persistencia da clínica. 
      • Exploración: Baixo nivel de consciencia. Astenia, mareo, desorientación. Alteración da memoria. Bradipsiquia. Nistagmo e  oftalmoplexia. Desequilibrio.
      • Probas complementarias: 
        • TAC cranial: normal.
        • Punción lumbar: normal.
        • Analítica: hipopotasemia, hipofolatemia. 
    • Xuízo clínico: Encefalopatía de Wernicke. 
  • Diagnóstico diferencial: infección (SNC, outra), proceso oncolóxico (metástasis, tumor ccerebral), trastornos metabólicos, tóxicos, síndrome confusional agudo, patoloxía psiquiátrica.
  • Tratamento: Tiamina. Suplementos vitamínicos. Rehabilitación. Estimulación cognitiva.
  • Evolución: Melloría cognitiva progresiva. Marcha autónoma pero cautelosa. Persiste certa alteración da memoria. Tolerancia oral progresiva. Independente.
  • Conclusións:  
  • Neste caso é relevante o feito de que se etiquetase como patoloxía mental un cadro clínico sen descartarse previamente toda a organicidade posible. 
  • Existe en medicina un sesgo de xénero polo cal se tende a atribuír máis frecuentemente un compoñente psicosomático ou emocional ás queixas realizadas polas mulleres respecto a aquelas realizadas polos homes, invisibilizando así patoloxías moitas veces graves e con consecuencias importantes na saúde destas.
  • Polo tanto, unha das conclusións máis importantes neste caso é a de reflexionar sobre como nos vemos influídas polas características (xénero, social, patoloxía mental…) que presenten as nosas pacientes á hora do diagnóstico e manexo, tendo en conta ademais, que as pacientes de xénero feminino son máis vulnerables a estes sesgos. 
  • Ademais, como médicas de familia temos a sorte de coñecer a personalidade e conducta previas das nosas pacientes e das súas familias, o que nos aventaxa á hora de valorar máis obxectivamente posibles cambios ou alteracións que se produzan nelas. 

##submission.downloads##

Publicada

01.11.2023

Número

Sección

Casos clinicos

Categorías