Pequenos invasores

Autores/as

  • Ana Dapena Cuiña Médica de Familia
  • Manuel Fernández Rivas
  • Patricia Añón Varela

Resumo

Ámbito do caso: Atención Primaria

Motivo de consulta: prurito nas inguas.

Historia clínica:

  • Enfoque individual:   

o   Antecedentes persoais: non alerxias medicamentosas coñecidas. Hipertensión arterial a tratamento con IECA, dislipemia a tratamento con estatina, diabetes mellitus tipo II a tratamento con metformina. Sen outros antecedentes de interese. 

o   Anamnese: varón de 88 anos que consulta por prurito nas inguas de 3 días de evolución. Non episodios previos similares. Non outra clínica por sistemas.

o   Exploración física: máculas milimétricas pardentas de distribución suprapúbica (compatibles con maculae caeruleae). Ao dermatoscopio podemos observar un insecto anopluro cunha estrutura concordante con Pthirus pubis ou piollo pato.

o   Probas complementarias: ningunha. 

  • Enfoque familiar e comunitario:

o   Familia e comunidade: vive só nunha casa de entorno rural (viúvo dende hai 3 anos). Ten 2 cans, non outras mascotas. 

o   Diagnóstico diferencial: sarna, tiña inguinal. 

o   Identificación problemas: non recoñecer o contacto sexual. Posibles dificultades para aplicación do tratamento. 

o   Tratamento: permetrina ao 1% (aplicar durante 10 minutos), repetir tratamento en 7 días. Rasurado. Lavado de roupa interior e de cama. 

o   Evolución: revisión do paciente aos 14 días con desaparición da sintomatoloxía. 

  • Conclusións:

o   A importancia do uso do dermatoscopio máis aló de lesións pigmentadas. 

o   Idoneidade da consulta dos médicos de familia para o diagnóstico precoz de ITS, así como para a educación en saúde e prevención das mesmas.

 

##submission.downloads##

Publicada

01.11.2023

Número

Sección

Casos clinicos

Categorías