Ecografía venosa de extremidades inferiores na COVID-19 en Atención Primaria

Autores/as

  • Paula López Segade
  • Carla Anllo López
  • Macarena Pallas Rodríguez
  • Vicente Fernández Rodríguez
  • Jesús Manuel Caeiro Castelao
  • Ramón Veras Castro Médico de familia. Galicia

Palabras clave:

Ecografía venosa, COVID-19, Atención Primaria

Resumo

Introdución: A presenza de enfermidade tromboembólica venosa nos pacientes COVID-19 grave abre o interrogante de que sucede en pacientes con enfermidade leve e atendidos en atención primaria, e a necesidade de responder á pregunta de se estes pacientes precisan tromboprofilaxe. A ecografía é unha técnica sinxela e moi útil para demostrar a presenza de trombose venosa profunda (TVP) en atención primaria.

Obxectivo: Estimar a presenza de trombose venosa profunda en membros inferiores na ecografía venosa en pacientes con COVID-19 atendidos en atención primaria

Deseño: Observacional transversal

Ámbito: Atención primaria: 3 centros de saúde. Desde o 17/02/2021 (3ª onda epidémica) ata 02/04/2022 (6ª onda).

Suxeitos: Selección consecutiva de pacientes de 15 e máis anos entre os casos confirmados e atendidos no ámbito dos tres centros de saúde. Participaron 216, aos que se practicaron 381 ecografías (pulmonar e venosa cada vez).

Variables: Ecografía pulmonar e venosa (inicial e/ou 5º día, mes e 3 meses), considerando ecografía venosa patolóxica a aquela que mostra ausencia de compresibilidade na vea poplítea ou femoral, e se é o caso ilíaca; anamnese, exploración física, factores de vulnerabilidade.

Aspectos ético-legais: Aprobado polo CEIC no informe 2020/439. Financiamento da Fundación Novoa Santos.

Resultados: Mediana de idade 42,5 (RIQ 29-56), 48,1% (IC95% 41,32-55,03) mulleres, a mediana de días desde inicio de síntomas ata realizar a 1ª ecografía é 4 (RIQ 2-7). O 36,1% (IC95% 29,70-42,90) dos casos presentou algunha ecografía pulmonar patolóxica, 31% (IC95% 24,92-37,65) na ecografía inicial. Os casos con ecografía pulmonar patolóxica non se asociaron a factores de vulnerabilidade. Ingresou no hospital o 4,3% dos casos (IC95% 2,08-8,38), todos con ecografía pulmonar patolóxica. Ningunha das ecografías venosas realizadas foi patolóxica.

Conclusións: A COVID-19 non se asocia a trombose venosa profunda de extremidades inferiores nos casos leves atendidos en atención primaria, o que xustifica a práctica clínica de facer prevención de trombose en función do risco vascular do paciente e non por padecer COVID-19.

Publicada

01.11.2023

Número

Sección

Resultados de Investigación

Categorías