Aplicación da ecografía pulmonar na COVID-19 en Atención Primaria
Palabras clave:
Ecografía pulmonar, COVID-19, Atención PrimariaResumo
Obxectivo: Estimar a proporción de casos confirmados de COVID-19 que presentan lesións pulmonares detectadas por ecografía pulmonar no ámbito comunitario, así como a súa asociación a diferentes variables clínicas e aos considerados factores de vulnerabilidade.
Deseño: Observacional transversal
Ámbito: Atención primaria: 3 centros de saúde. Desde o 17/02/2021 (3ª onda epidémica) ata 02/04/2022 (6ª onda).
Suxeitos: Selección consecutiva de pacientes de 15 e máis anos entre os casos confirmados e atendidos no ámbito dos tres centros de saúde. Participaron 216, aos que se practicaron 381 ecografías (pulmonar e venosa cada vez).
Variables: Ecografía pulmonar (inicial e/ou 5º día, mes e 3 meses), considerando ecografía pulmonar patolóxica a aquela que presenta liña pleural desflecada e máis de 3 liñas B ou pulmón branco ou consolidacións; anamnese, exploración física, factores de vulnerabilidade e realización de radiografía.
Aspectos ético-legais: Aprobado polo CEIC no informe 2020/439. Financiamento da Fundación Novoa Santos.
Resultados: Mediana de idade 42,5 (RIQ 29-56), 48,1% (IC95% 41,32-55,03) mulleres, a mediana de días desde inicio de síntomas ata realizar a 1ª ecografía é 4 (RIQ 2-7). O 36,1% (IC95% 29,70-42,90) dos casos presentou algunha ecografía patolóxica, 31% (IC95% 24,92-37,65) na ecografía inicial. Os casos con ecografía patolóxica non se asociaron a factores de vulnerabilidade. O aumento de frecuencia respiratoria e a diminución de saturación de osíxeno asócianse a ecografía patolóxica (U de Mann Whitney, p<0,05). A disnea asóciase a ecografía patolóxica cunha p=0,05 (Test de Fisher). Ingresou no hospital o 4,3% dos casos (IC95% 2,08-8,38), todos con ecografía patolóxica. O 48,9% das ecografías realizadas durante a 3ª onda epidémica foron patolóxicas (IC 95% 33,7-64,23) cunha taxa de ecografía patolóxica de 188 casos por 100 días (188/100). Na 4ª 39,7% (IC95% 28,04-52,3), cunha taxa de 41/100. Na 5ª 35,29% (IC95% 22,43-49,93) cunha taxa de 31/100. Na 6ª, coa aparición de ómicron, 19,23 (IC95% 9,63-32,53), cunha taxa de 11/100. Das 24 radiografías realizadas había coincidencia na patoloxía en 18 coa ecografía (McNemar p=0,219).
Conclusións: A ecografía pulmonar é unha técnica útil e factible para diagnóstico e seguimento de patoloxía COVID-19 en atención primaria.
Publicada
##submission.license##
##submission.copyrightStatement##
##submission.license.cc.by-nc4.footer##