ESPOLÓN CALCÁNEO E ECOGRAFÍA NA ATENCIÓN PRIMARIA. A PROPÓSITO DUN CASO

Autores/as

  • Anfrea Fraguas Reboredo MFeC
  • Ignacio González Bautista Residente

Palabras clave:

Espolón, fascite, ecografía

Resumo

Resumo

Descrición do caso: Muller de 37 anos, con sobrepeso, sedentaria, empregada do fogar, con fascite plantar dereita en xaneiro de 2022 (con espolón calcáneo, entesopatía calcificada aquilea). Acude a consulta por talalxia do pé esquerdo que non lle permite apoiar o pé dende fai 15 días. Fascite plantar dereita tratada con antiinflamatorios, alongamentos e exercicios excéntricos, e con catro sesións de ondas de choque.

Exploración e probas complementarias: presenta dor a  palpación da inserción calcánea esquerda. Non sinais de flogosis. Realízase ecografía clínica observando no corte lonxitudinal un aumento de grosor da fascia plantar e un espolón calcáneo en ambos pés. Realízanse  tamén radiografías onde se observa entesofito aquíleo dereito e espolón calcáneo en ambos pés.

Xuicio clínico: Fascite plantar pé esquerdo.

Diagnóstico diferencial: bursite subcalcánea, fractura calcánea polo estrés, síndrome da almofada calcánea.

Identificación de problemas: o feito de que non exista un consenso respecto a relación entre o espolón calcáneo e a fascite plantar. Xa que os espolóns calcáneos pódense observar nas radiografías convencionais na poboación xeral asintomática.1  

Existen estudos que suxiren que o engrosamento da fascia pode preceder o desenrolo de espolóns calcáneos, e que a formación de espolóns pode ser un mecanismo de protección para reforzar a entesis contra cargas compresivas2.

Tratamento: Analxesia oral e interconsulta con Rehabilitación para fisioterapia.

Comentario final e aplicabilidade: Os signos patolóxicos ecográficos da fascite plantar son: engrosamento  fascial (≥ 4 mm) e unha ecotextura hipoecoxénica. O seu diagnóstico é clínico, pero a ecografía clínica complementao e confirmao  ademáis serve como guía para determinados tratamentos cando as medidas conservadoras non dan resultado. É relativamente rápida, económica e dispoñible. Por iso consideramos apropiado implementar protocolos de valoración diagnostica temperá a través da ecografía clínica na atención primaria.

##submission.downloads##

Publicada

01.11.2023

Número

Sección

Casos clinicos

Categorías