Patoloxía orgánica vs psiquiátrica

Diagnóstico diferencial da dor torácica

Autores/as

  • Paula Carro Lago Medico residente

Palabras clave:

dolor toracico, ansiedad

Resumo

Motivos de consulta: Ansiedade e dor centrotorácico

 

Historia clínica

* Enfoque individual: Paciente de 35 anos sen antecedentes de interese, nin toma de medicación habitual. Acude por dor centrotorácico opresivo que o paciente relaciona cun cadro de ansiedade debido a un estresante vital. A exploración física no paciente é anodina. Realízase ECG e analitica onde se inclúen as tropononinas.

 

* Enfoque familiar e comunitario: O xuízo clínico inicial tratouse como se fose unha ansiedade, posteriormente co resultado das probas diagnósticas resultou ser unha miocarditis (troponinas de 6000)

* O diagnóstico diferencial incluíu varias causas de dor torácico tanto orgánicas como psiquiátricas

* O problema neste caso foi trata-lo paciente como un paciente psiquiátrico cando había unha causa orgánica, neste caso fíxose ben o diagnóstico diferencial e pedironse as probas necesarias para descartar patoloxías máis graves e potencialmente mortais

 

Tratamento, plans de actuación: O tratamento basóuse en vixilancia hospitalaria inicial e posterior seguemento en consultas externas para a monitorización da aparición de posibles complicacións

 

Evolución: O paciente finalmente evolucionou favorablemente sen secuelas.

 

Conclusións:

 

- Necesidade de facer un bo diagnóstico diferencial das patoloxías.

 

- Pedir as probas necesarias para descartar causas potencialmente perigosas para a vida do paciente.

 

- A pesar de parecer un caso de patoloxía psiquiátrica é importante tamén valorar a existencia de patoloxía orgánica.

##submission.downloads##

Publicada

01.11.2023

Número

Sección

Casos clinicos

Categorías