Avaliación da Atención Domiciliaria na Atención Primaria
Resumo
Obxectivos:
Coñecer a situación da Atención Domiciliaria nun Servicio de Atención Primaria da nosa Área.
Material e métodos:
Entre os 318 pacientes e/ou coidadores principais que recibiron atención domiciliaria entre xullo do 2020 e xuño do 2021, seleccionáronse aleatoriamente 150, co fin de realizar unha enquisa telefónica.
Por outra parte, propúxose unha enquisa auto cumplimentada a todos os Médicos e Médicas de Familia dun Servizo de Atención Primaria.
Empleáronse os cuestionarios Satisfad-14 e Font- Roja, aos cales se lles engadiron ítems complementarios e preguntas abertas.
Resultados:
Usuarios:
A idade dos usuarios foi 84,8 años (DE ± 8,09) . Un 31,8% carecía de coidador.
O 83,8% dos coidadores eran mulleres.
O 82% consideraba o trámite de solicitude de citas sinxelo, aínda que os coidadores presentaban menos dificultades para levar a cabo a súa demanda (p=0,001).
O 27,3% foi atendido o mesmo día da petición e ao 65,3% gustaríalle ser valorado unha vez ao mes.
O 60% dos usuarios mostrouse moi satisfeito; o 49,3% considerou esta atención mellor que a recibida previamente no Centro de Saúde.
Profesionais:
A totalidade dos médicos realiza visitas domiciliarias, na súa maior parte a demanda, e o 50% dos profesionales lévaas a cabo dentro do horario laboral.
A maioría considera necesarios medios adicionais no momento da visita.
Entre os aspectos positivos destacan a accesibilidade e o coñecemento do entorno; entre os negativos, as dificultades para contactar co Centro de Saúde e o escaso tempo.
O número de visitas non se viron influidas pola pandemia.
Malia que a satisfacción laboral dos Médicos de Familia é boa, destacan o desánimo e a sensación de traballo excesivo.
Conclusións:
Os pacientes mostran respostas favorables sobre accesibilidade e satisfacción coa atención domiciliaria recibida.
Os profesionais valoran o coñecemento do entorno, pero reclaman máis tempo.
Publicada
##submission.howToCite##
Número
Sección
##submission.license##
##submission.copyrightStatement##
##submission.license.cc.by-nc-nd4.footer##Esta revista publícase baixo licencia
CC Atribución-Non comercial-Non derivadas 4.0 Internacional (CC BY-NC-ND 4.0)