Avaliación da Atención Domiciliaria na Atención Primaria

Autores/as

  • Alba López Souto C.S. Acea de Ama (Culleredo)

Resumo

Obxectivos:

Coñecer a situación da Atención Domiciliaria nun Servicio de Atención Primaria da nosa Área. 

Material e métodos: 

- Entre os 318 pacientes e/ou coidadores principais que recibiron atención domiciliaria entre xullo do 2020 e xuño do 2021 seleccionáronse  aleatoriamente 150 co fin de realizar unha enquisa telefónica.

- Por outra parte, propúxose unha enquisa autocumplimentada a todos os Médicos e Médicas de Familia dun Servizo  de Atención Primaria.

Empleáronse os cuestionarios Satisfad-14 e Font- Roja, aos cales engadíronselles ítems complementarios e preguntas abertas. 

Resultados:

Usuarios:

  • A idade dos usuarios foi  84,8 años (DE ± 8,09) e un 31,8% carecía de coidador. O 83,8% dos coidadores eran mulleres.
  • O 82% consideraba o trámite de solicitude de citas sinxelo, aínda que os coidadores presentaban menos dificultades para levar a cabo a sua demanda  (p=0,001).
  • O 27,3% foi atendido o mesmo día da petición e ao 65,3% gustaríalle ser valorado unha vez ao mes.
  • O 60% dos usuarios mostrouse moi satisfeito  e o  49,3% considerou esta atención mellor que a recibida previamente no Centro de Saude.

Profesionais:

  • A totalidade dos médicos realiza visitas domiciliarias surxindo na sua maior parte a demanda e realizándoas o 50% dos profesionales dentro do horario laboral.
  • A maioría considera necesarios medios adicionais no momento da visita.

Entre os  aspectos positivos destacan a accesibilidade e o coñecemento do entorno e entre os negativos as dificultades para contactar co Centro de Saude e o escaso tempo.

O número de visitas non se viron influidas polas pandemia e tras a mesma e maila que a satisfacción laboral dos Médicos de Familia é boa, destacan o desánimo e a sensación de traballo excesivo.

Conclusións: 

Os pacientes mostran respostas favorables sobre accesibilidade e satisfacción coa atención domiciliaria recibida.

Os profesionais valoran o coñecemento do entorno pero reclaman máis tempo .

Publicada

20-05-2023