A comunicación coa persoa anciá: Idadismo e "falaxería"
Palabras clave:
Falaxeria, Idadismo, comunicación, vellez, discriminación, Persoa anciáResumo
Objetivo: Nunha sociedade avellentada coma a nosa xorden diversas formas de discriminación baseadas en prexuízos sobre o que a idade comporta. Unha destas formas, a falaxeria ou elderspeak, atinxe directamente ao eido da saúde, onde a comunicación é un elemento central no acto terapéutico. Este traballo aborda de forma cualitativa unha revisión crítica sobre as análises existentes sobre a percepción que teñen as persoas anciás desta maneira de lles falar e os efectos que neles ten.
Estrutura: Nunha primeira parte trátase o idadismo como forma de discriminación baseada na idade. Posteriormente céntrase a análise no caso específico da falaxeria e dos resultados negativos na saúde do doente que numerosos estudos amosan. Finalmente, faise unha proposta pedagóxica con medidas formativas para pormos fin a estas microagresións no eido sanitario.
Resultados: O idadismo e a falaxeria supoñen unha agresión cara o doente con un impacto negativo na súa saúde e desempeño cognitivo. Mentres que a acomodación lingüística resulta unha estratexia fundamental, un desequilibrio nesta adaptación da fala pode ter graves consecuencias na saúde do doente.
Conclusións: O equilibro na acomodación, amosa os mellores resultados. A acomodación verdadeiramente efectiva e que non era valorada como aldraxante era aquela que se adaptaba mediante unha simplificación sintáctica, una elaboración semántica axustada e prosodia neutra. Daquela, faise innegable a necesidade da incorporación de formación acaída neste eido e que axude a atopar o equilibrio preciso para unha comunicación máis efectiva na que o ancián sexa visto coma un doente capaz.
##submission.downloads##
Publicada
##submission.howToCite##
Número
Sección
##submission.license##
##submission.copyrightStatement##
##submission.license.cc.by-nc-nd4.footer##Esta revista publícase baixo licencia
CC Atribución-Non comercial-Non derivadas 4.0 Internacional (CC BY-NC-ND 4.0)