Atención ao paciente migrante
Palabras clave:
Paciente migrante, desigualdades, accesibilidadeResumo
A consulta do paciente migrante supón un reto para os profesionais de Atención Primaria. A comorbilidade social, o dó migratorio, as patoloxías pouco frecuentes no noso medio ou as barreiras idiomáticas son algunha das dificultades ás que nos enfrontamos nestas consultas. Ademais, en ocasións descoñecemos se o paciente ten dereito a asistencia sanitaria, e no caso de tela, se é gratuíta.
Con este artigo pretendemos dar resposta a algunhas das preguntas que máis frecuentemente nos formulamos á hora de atender a un paciente migrante. Por outro lado, queremos tamén reivindicar a necesidade de atender a persoa tendo en conta o seu contexto social e familiar, así como realizar unha atención culturalmente apropiada, tentando ver máis aló da patoloxía orgánica. Deste xeito, poderemos diagnosticar, previr e tratar enfermidades de xeito máis eficaz, e realizar unha atención de calidade.
##submission.downloads##
Publicada
##submission.howToCite##
Número
Sección
##submission.license##
##submission.copyrightStatement##
##submission.license.cc.by-nc-nd4.footer##Esta revista publícase baixo licencia
CC Atribución-Non comercial-Non derivadas 4.0 Internacional (CC BY-NC-ND 4.0)