Sobre a revista

Cadernos de Atención Primaria é unha revista científica para os profesionais de Atención Primaria de Galicia. É editada pola Asociación Galega de Medicina de Familia e Comunitaria (AGAMFEC) co fin de difundir a producción científica no ámbito da Atención Primaria. 

A súa publicación iniciouse no ano 1994, comezando en 2018 a revisión externa por pares. Dende este ano 2023 a revista está incluida en IBECS (http://ibecs.iciii.es),o que supón o recoñecemento do traballo de moitos profesionais durante moitos anos. GRAZAS.

PERIODICIDADE:

A partir deste ano 2022 a revista vai ter unha publicación continua anual, mantendo o mesmo número de traballos que se publicaban ata agora. Realizaranse actualizacións durante o ano das que se lle avisará aos suscritores da revista.

ACCESO:

E unha revista de publicación exclusivamente online que se acolle ao sistema Open Access, o seu contido é de acceso libre e gratuíto, os usuarios están autorizados a ler, descargar, copiar, imprimir, buscar ou enlazar os textos completos dos artigos científicos sen permiso previo do editor ou do autor, dacordo coa definición BOAI de open Access. A reutilización dos traballos pode facerse segundo os termos da licencia Atribución-Non comercial-Non derivadas 4.0 Internacional CC-BY-NC-Nd baixo a que está publicada.

A revista non cobra taxas polo envío de traballos, nin  tampoco pola publicación de artigos.

AVALIACIÓN POR PARES:

O comité editorial revisa tódolos traballos recibidos para comprobar que se axustan ás normas de publicación. O feito de non cumprir ditas normas supón o rexeitamento do artigo, trasladándoselle esta información ao autor.

Se se cumpren as normas de publicación os traballos son enviados para revisión a dous avaliadores externos da revista, seguindo as pautas do Committee on Publication Ethics Best Practice Guidelines. (COPE). En todo momento os revisores descoñecen a identidade dos autores, así como a identidade do outro avaliador.

Cada avaliador emite un informe con comentarios, suxestións de cambios, solicitude de información, etc, que o comité editorial lle envía aos autores. Neste proceso debe terse en conta que o autor é o propietario do artigo e, ten a potestade de aceptar ou non as indicacións dos revisores.

O comité editorial da revista, tendo en conta as avaliacións dos revisores e a resposta do autor, é quen decide finalmente se o traballo se acepta ou se rexeita para publicación.   

As cartas ao editor, os traballos das seccións Para Saber Máis e Humanidades non se someten á revisión pares. Neste caso é o comité editorial quen realiza a avaliación tendo en conta criterios como orixinalidade, interese para a Atención Primaria, actualización, pertinencia, etc.

DIFUSIÓN:

Cadernos de Atención Primaria distribúese entre os profesionais da Atención Primaria. A revista non se fai responsable do contido do artígos publicados, por tratarse da opinión dos autores, que asumen a exclusiva responsabilidade sobre os seus escritos.

CONSIDERACIÓNS ÉTICAS

Os traballos de investigación con participación de persoas ou animais deben manifestar que cumpren as Normas de Boa Práctica Clínica, Declaración de Helsinki, Convenio de Oviedo, así como normativa de protección de datos, manexo de historia clínica e outra normativa de aplicación segundo o tipo de estudo. Deben ter a aprobación dun comité de ética de investigación.

Asimesmo deben contar co consentimento informado. Se polas características do estudo non fose viable a obtención do consentimento, débese xustificar. No caso de estudos con datos de saúde, lémbrase que a súa utilización con fins de investigación sen o consentimento dos suxeitos fonte terá que cumprir o establecido na Disposición adicional 17ª da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais. Ademais, seguirase o procedemento de uso de datos pseudonimizados en investigación establecido pola institución responsable da información afectada.