Un mal despertar.

Autores/as

  • Sarela Betanzos Freire Centro de Saúde de Vilanova de Arousa
  • Marta Pereira Da Costa Carvalho
  • Antia Saá Del Río
  • Elena Rodríguez Mosquera

Resumen

  • ÁMBITO DO CASO: Atención primaria
  • MOTIVOS DE CONSULTA: Imposibilidade funcional e alteración da sensibilidade da man dereita.
  • HISTORIA CLÍNICA
    • ENFOQUE INDIVIDUAL:
      • ANTECEDENTES PERSOAIS: Non antecedentes de interés nin tratamento habitual. Consumidor habitual de marihuana.
      • ANAMNESE: Varón de 27 anos que acude de urxencia ao centro de saúde porque dende que se despertou ás 4:00h nota pérdida de forza e parestesias en man dereita. Nega traumatismos ou episodios previos similares. Non recorda posturas compresivas durante o sono.
      • EXPLORACIÓN: Man péndula, imposibilidade para a extensión da muñeca, flexo-extensión dos dedos, abducción do primeiro dedo da man dereita e diminución da forza de prensión. Hipoestesia en cara dorsal man e primeiro e segundo dedo. Non fasciculacións nin atrofia. Reflexos e resto da exploración neurolóxica normal.
      • PROBAS COMPLEMENTARIAS
        • EMG: Moderada afectación do nervio radial dereito a nivel do antebrazo compatible con neuropraxia.
      • XUÍZO CLÍNICO: Parálise no nervio radial dereito por compresión.
        • DIAGNÓSTICO DIFERENCIAL: Patoloxía central, lesión da médula espiñal, radiculopatías (alteracións metabólicas, nutricionais, vasculíticas, infecciosas...), afectación da placa motora, miopatías e lesións osteomusculares.
      • TRATAMENTO, PLANS DE ACTUACIÓN: AINES, férula ríxida, rehabilitación e exercicios de movilidade pasiva para evitar rixideces articulares.
      • EVOLUCIÓN: Tras varias semanas observamos recuperación completa da sensibilidade e progresivamente obxectivamos melloría da forza.
    • CONCLUSIÓNS: O diagnóstico da parálise do nervio radial é fundamentalmente clínico. Polo tanto, este caso reflexa a importancia dunha correcta e rigurosa anamnese e exploración física na consulta de atención primaria, coa axuda das cales, poderemos evitar e/ou diminuír o emprego de probas adicionais innecesarias, que só incrementarán o gasto do sistema sanitario e os riscos aos que expoñemos ao paciente. Asimesmo, é fundamental o seguimento estreito e a reevaluación periódica das patoloxías neurolóxicas, sendo de gran axuda o emprego de material fotográfico comparativo.

Publicado

20-05-2023

Cómo citar

1.
Betanzos Freire S, Pereira Da Costa Carvalho M, Saá Del Río A, Rodríguez Mosquera E. Un mal despertar. Cad.Aten.Primaria [Internet]. 20 de mayo de 2023 [citado 22 de diciembre de 2024];28(3). Disponible en: https://journal.agamfec.com/index.php/cadernos/article/view/137