Un mal despertar.
Abstract
- ÁMBITO DO CASO: Atención primaria
- MOTIVOS DE CONSULTA: Imposibilidade funcional e alteración da sensibilidade da man dereita.
- HISTORIA CLÍNICA
- ENFOQUE INDIVIDUAL:
- ANTECEDENTES PERSOAIS: Non antecedentes de interés nin tratamento habitual. Consumidor habitual de marihuana.
- ANAMNESE: Varón de 27 anos que acude de urxencia ao centro de saúde porque dende que se despertou ás 4:00h nota pérdida de forza e parestesias en man dereita. Nega traumatismos ou episodios previos similares. Non recorda posturas compresivas durante o sono.
- EXPLORACIÓN: Man péndula, imposibilidade para a extensión da muñeca, flexo-extensión dos dedos, abducción do primeiro dedo da man dereita e diminución da forza de prensión. Hipoestesia en cara dorsal man e primeiro e segundo dedo. Non fasciculacións nin atrofia. Reflexos e resto da exploración neurolóxica normal.
- PROBAS COMPLEMENTARIAS
- EMG: Moderada afectación do nervio radial dereito a nivel do antebrazo compatible con neuropraxia.
- XUÍZO CLÍNICO: Parálise no nervio radial dereito por compresión.
- DIAGNÓSTICO DIFERENCIAL: Patoloxía central, lesión da médula espiñal, radiculopatías (alteracións metabólicas, nutricionais, vasculíticas, infecciosas...), afectación da placa motora, miopatías e lesións osteomusculares.
- TRATAMENTO, PLANS DE ACTUACIÓN: AINES, férula ríxida, rehabilitación e exercicios de movilidade pasiva para evitar rixideces articulares.
- EVOLUCIÓN: Tras varias semanas observamos recuperación completa da sensibilidade e progresivamente obxectivamos melloría da forza.
- CONCLUSIÓNS: O diagnóstico da parálise do nervio radial é fundamentalmente clínico. Polo tanto, este caso reflexa a importancia dunha correcta e rigurosa anamnese e exploración física na consulta de atención primaria, coa axuda das cales, poderemos evitar e/ou diminuír o emprego de probas adicionais innecesarias, que só incrementarán o gasto do sistema sanitario e os riscos aos que expoñemos ao paciente. Asimesmo, é fundamental o seguimento estreito e a reevaluación periódica das patoloxías neurolóxicas, sendo de gran axuda o emprego de material fotográfico comparativo.
- ENFOQUE INDIVIDUAL:
Published
2023-05-20
How to Cite
1.
Betanzos Freire S, Pereira Da Costa Carvalho M, Saá Del Río A, Rodríguez Mosquera E. Un mal despertar. Cad.Aten.Primaria [Internet]. 2023 May 20 [cited 2024 Dec. 22];28(3). Available from: https://journal.agamfec.com/index.php/cadernos/article/view/137
Issue
Section
Póster
License
Copyright (c) 2023 Cadernos de atencion primaria
This work is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 International License.
This journal is publish under a license
CC Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 International (CC BY-NC-ND 4.0)