Unhas úlceras de nome raro
Resumo
Ámbito do caso: Atención Primaria.
Motivo da consulta: Muller de 23 anos que consulta por lesións en cavidade oral e rexión xenital de 24h sen clínica acompañante.
Historia clínica:
AP: Non alerxias médicas. Fumadora. Mononucleosis en fecha previa desconocida. Anticonceptivo subcutáneo.
Anamnesis: valorada en Primaria por cervicalxia mecánica similar a previas, páutase diclofenaco e ciclobenzaprina orais. 5 días despois acude a PAC por lesión en cavidade oral e dolorosas en rexión xenital, sen febre, con melloría da cervicalxia. Non toma de antibióticos días previos, non relacións sexuais nos últimos meses.
Exploración física: aftas en cavidade oral (mucosa xugal, paladar e lingua), úlcera xenital en labio maior esquerdo (diámetro 2 centímetros, dolorosas) con lesión satélite en labio menor dereito, no adenopatías, non febre.
Probas complementarias: cultivo e PCR de virus herpes 1 e 2 de úlcera xenital, e seroloxía de enfermidades de transmisión sexual (ETS) negativas.
Tratamento e plans de actuación: ácido hialurónico e ácido fusídico tópicos, azitromizina 1 gramo dosis única orais, antiinflamatorios orais.
Evolución: tras valoración en PAC posterior control en Primaria e por empeoramento en urxencias de Xinecoloxía, descártase ETS, confírmase diagnóstico de Úlcera de Lipschütz. En seguemento refire maior astenia, amplíase seroloxía (citomegalovirus, Toxoplasma e virus de Ebstein Barr-VEB), sendo o último IgM positivo. Evolución favorable con tratamento sintomático.
Conclusións: a úlcera de Lipschütz é diagnóstico de exclusión, a menudo asociado a infección por VEB. Unha correcta anamnesis, exploración física e a petición.
##submission.downloads##
Publicada
Número
Sección
##submission.license##
##submission.copyrightStatement##
##submission.license.cc.by-nc4.footer##