Febre urxente na consulta

Autores/as

  • Amanda Gómez López
  • Irene Ferreiro Sanmantin

Palabras clave:

Febre, Urxente, Endocardite

Resumo

Ámbito do caso: Atención primaria e Servicios de Urxencias
Motivo de consulta: Febre

Antecedentes
Non presenta alerxias medicamentosas, exfumadora. Non presenta factores de risco cardiovasculares. Epilepsia na infancia. Deportista.

Muller de 57 anos que acude urxente tras 5 días con febre de ata 39ºC que non cede con antitérmicos cada 4 horas asociando mialxias e nas últimas 24 horas dispnea de mínimos esforzos. Non refire dor torácica nin palpitacións. Nega tose ou secrecións, non clínica miccional. Non outros convivintes afectados.

Exploración física:
Bo estado xeral, Consciente e orientada nas tres esferas, eupneica a aire ambiente

Tensión arterial: 130/77, Frecuencia cardíaca 100 lpm, Temperatura: 39ºC, Saturación de osíxeno 91%
Auscultación cardíaca: soplo sistólico no foco mitral que irradia a carótidas
Auscultación pulmonar: crepitantes nas bases pulmonares
Resto da exploración anodina

Electrocardiograma: Taquicardia sinusal a 100lpm

Derívase á paciente a urxencias para completar estudo coa sospeita de endocardite.

Probas complementarias:
Na analítica presenta leucocitose con desviación esquerda, plaquetopenia, aumento de reactantes de fase aguda e datos analíticos de insuficiencia respiratoria.

No ecocardiograma transtorácico confirman endocardite infecciosa nativa sobre válvula mitra por haemophilus influenzae

Plan:
Trátase con antibioterapia no ingreso que completa vía intravenosa no domicilio a través dunha vía central de acceso periférico en seguimento conxunto de atención primaria e hospitalización a domicilio.
Actualmente a paciente está pendente de revisión por cirurxía cardíaca, retomando a súa actividade física previa.

Conclusión: Unha médica de atención primaria debe recoñecer a gravidade da doenza que presenten os pacientes e capacidade para actuar nunha demanda emerxente, frecuentes hoxe en día debido á saturación das axendas. Asi mismo, estamos preparadas xunto con enfermería para facelo seguimento conxunto no domicilio, inclusive con terapia intravenosa, unha vez á paciente é dada de alta hospitalaria.

##submission.downloads##

Publicada

14.05.2025

Número

Sección

Casos clinicos

Categorías