Andainas en comunidade, un caso de éxito

2º PREMIO Á MELLOR COMUNICACIÓN ORAL

Autores/as

  • Paula Castrillo Aldecoa
  • Fátima Crespo de la Torre

Resumo

Obxectivos:

  • Crear grupos de andainas estable e independente do centro de saúde
  • Fomentar a actividade física como acción promotora de saúde biopsicosocial

Descrición:

Propúxose a creación dun grupo de andainas como un recurso de saúde que se diferenciara por ter continuidade e independencia do centro de saúde (CS). Para iso, inicialmente organizáronse saídas con persoal sanitario un día á semana durante catro semanas seguidas. Anunciáronse no centro de saúde, en prensa local e en redes sociais do Concello. 

Tras ese mes inicial, identificáronse dentro do grupo a dous usuarios con capacidade de liderado e compromiso. Acordouse con eles unha listaxe de posibles rutas clasificadas por dificultade. Á súa vez, creouse un grupo de Whatsapp aberto a toda a poboación, no que non hai representación sanitaria.

Dada a boa acollida, acordouse ampliar a dous días á semana as andainas, e o grupo foi aumentando a dificultade ata un nivel intermedio-avanzado. 

Ano e medio máis tarde, implantouse na localidade o programa de Rutas Saudables da Asociación Española Contra o Cancro (AECC). Tras pasar as 15 semanas do programa, este novo grupo acordou manter a continuidade, sendo dinamizado por usuarios do grupo inicial de andainas. Este grupo é de nivel básico.

As enquisas de satisfacción realizadas ao longo de todo o proxecto lanzaron resultados moi positivos. 

Conclusións e aplicabilidade:

O traballo en rede é esencial na acción comunitaria. Estes grupos de andainas son un exemplo da importancia dos bos vínculos entre os diferentes axentes, neste caso a cidadanía, as asociacións, os organismos municipais e a Atención Primaria. 

Publicada

14.05.2025

Número

Sección

Comunicación de experiencias

Categorías