Máis alá do motivo de consulta.

Autores/as

  • Jimena Muñiz Miguel
  • Margalida Cañellas Dols

Palabras clave:

Hipertensión, bioética, urxencias médicas

Resumo

Ámbito do caso: Urxencias Hospitalarias, Atención Primaria.

Motivos de consulta: Disuria.

Historia clínica:

  • Antecedentes: Paciente migrante sen permiso de residencia. HTA diagnosticada no país de orixe. Descoñecemos outros antecedentes previos.
  • Anamnese: Muller 57 anos que acude a Urxencias hospitalarias por disuria de catro horas de evolución. Durante a consulta a acompañante refírenos que a paciente estaá diagnosticada de HTA e tomaba tratamento antihipertensivo pero desde que chegou a España  está sin fármacos nin vixilancia para dita patoloxía.
  • Exploración: dor abdominal suprapúbico.
  • Probas complementarias: A tira de ouriños resulta positiva. Non se realizan medicións de TA.

Xuízo clínico: ITU. Non se estuda a posibilidade de HTA.

Tratamento: Fosfomicina 3g.

Evolución: Dáse de alta sen seguimento.

Conclusións:  

- Importancia dos principios da bioética que deberían rexir a nosa práctica clinica. Neste caso omítense tres deles: beneficencia e non maleficencia ao non indagar no diagnóstico de HTA da paciente; e xustiza ao non ofrecer unha adecuada atención sanitaria, sendo imposible remitir a unha consulta programada do centro de saúde para abordar a HTA e o seu tratamento por unha situación administrativa irregular.

-A desatención da patoloxia crónica dos pacientes pode desembocar en complicacións graves, implicando un maior gasto para o Estado a longo prazo e con consecuencias para a persoa. 

-O sistema sanitario debería responsabilizarse de garantir un mínimo seguimento a persoas con enfermidades crónicas, incluso se o seu acceso está limitado.

-O feito de non poder ter acceso a atención programada no centro de saúde fai que se usen outros servizos como a urxencia hospitalaria ou extrahospitalaria de forma equivocada. Isto xera un sentimento de impotencia no persoal sanitario.

-Débese buscar o equilibrio entre a normativa e a ética médica.

 

 

##submission.downloads##

Publicada

14.05.2025

Número

Sección

Casos clinicos

Categorías