​​Experiencia formativa global en mulleres con vexiga hiperactiva.

Autores/as

  • Jimena Muñiz Miguel
  • Paula Carro Lago
  • Iria Gayoso Lodeiros

Resumo

OBXECTIVOS DA EXPERIENCIA: 

Ofrecer unha sesión informativa sobre a vexiga hiperactiva a mulleres que a padecen, falando das causas da mesma así como ofrecendo consellos e ferramentas para poder mellorar dita condición.

DESCRICIÓN DA EXPERIENCIA:

A sesión impartiuse nunha sala do centro de saúde. Catro residentes apoiadas en material gráfico, achegaron información sobre a etioloxía da vexiga hiperactiva, así como exercicios e accións que poden incluir na súa vida para a mellora da patoloxía. Acudiron un total de 7 mulleres.

Esta sesión forma parte dun proxecto máis amplo levado a cabo en conxunto co centro deportivo municipal para realizar unha actividade comunitaria sobre a vexiga hiperactiva para mulleres que a padecen. Estas, foron previamente seleccionadas tendo en conta criterios de inclusión e exclusión.

CONCLUSIÓNS:

Impartindo a charla puidemos achegar ás pacientes información relevante sobre a súa patoloxía, así como ferramentas para tomar as rendas na mellora da calidade de vida. Ademais o diálogo que se facilitou durante dita charla permitiu ás pacientes atopar “iguais” coas que poder falar e intercambiar experiencias e preocupacions, eliminando tabús e iniciando a conciencia de grupo ou equipo que é necesaria para que non se sintan soas e que esperamos aumente na medida en que se van desenvolvendo as sesións no ximnasio.

Ademais, cremos que é importante de cara á poboación facer actividades xunto con outras entidades locais con fin de que se atopen acollidas e que sexa a semente para poder, posteriormente, animarse a outras melloras na súa saúde. 

APLICABILIDADE:

- Mellora da calidade de vida das mulleres de mediana idade con esta patoloxía.

- Ampliación do  proxecto a  que se podería levar a cabo en outros centros.

- Formación de grupos de apoio en patoloxías consideradas “tabú”

- Asociación con centros locais para traballos colectivos que axuden na comunidade.

Publicada

14.05.2025

Número

Sección

Comunicación de experiencias

Categorías