Estou moi cansada

Autores/as

  • Belen Blanco Eiras Centro de Saúde de Bueu
  • lucia linares obarrio
  • maria belen gonzalez perez
  • fátima lópez lópez
  • Sigdelis De Jesus Rivero Sifontes

Resumo

Ámbito do caso: Atención Primaria
Paciente de 55 anos con antecedentes de hipotiroidismo tras unha tiroidectomía e carcinoma invasivo de mama esquerda grado 2 que requeriu mastectomía e catro ciclos de quimioterapia. Acude a atención primaria referindo astenia marcada que lle impide traballar e artralxias en tercio distal de dedos de 15 días de evolución. Xa comentara dita astenia na consulta de oncoloxía na que lle sacaran importancia e o achacaran a efecto adverso de acabar a quimioterapia. Na exploración física non se observa pérdida de peso, nin pérdida de forza, nin adormecimento, só deformidade nas interfalánxicas distales. Dado que a paciente non soe queixarse de astenia e durante o tratamiento coa quimioterapia nunca se queixara de efectos adversos, a médica de atención primaria decide facer unha analítica con marcadores inflamatorios e anticorpos para descartar patoloxía reumática. Volve a consulta unha semana despois para ver o resultado da analítica , segue referindo astenia profunda sen prurito e con dores articulares de predominio en mans con rixidez matutina, na analítica saen elevación de transaminasas, ANA positivo a 1/1280 e PCR 1.1. Decidese ampliar con marcadores autoinmunes hepáticos saíndo os Anti-AMA M2 en 788,8 polo que se deriva a dixestivo coa sospeita de colanxitis biliar primaria. Decide iniciarse ácido ursodesoxicólico a dosis de 13 mg/kg día tras indicación do dixestivo coa melloría da clínica da paciente.
Conclusión: a atención primaria permite coñecer aos pacientes ao longo da súa vida, eso fai que na maioría das ocasións cando deciden consultar por algún síntoma sepamos se algo habitual neles ou se algo raro que nos debe facer sospeitar outras patoloxías a parte das que ten o paciente. Neste caso gracias a intervención da médica de atención primaria puidose diagnosticar a enfermidade e poñerlle solución rápidamente.

##submission.downloads##

Publicada

14.05.2025

Número

Sección

Casos clinicos

Categorías