Artralxias na consulta

Autores/as

  • Javier Sal Valiño
  • Ana Rilo Castelao
  • Margalida Cañellas Dols
  • Alba Marcos Atanes
  • Cristina Deus García
  • Andrés Sal Valiño

Resumo

  • Título: Artralxias na consulta.
  • Ámbito do caso: Atención primaria.
  • Motivo de consulta: lesións dermatolóxicas e artralxias.
  • Historia clínica:

-Antecedentes persoais: NAMC. Intervida de fibroadenoma.

-Situación funcional: Traballa nun centro sanitario.

-Anamnese: Muller de 44 anos que acode por aparición de lesións cutáneas a nivel de ambas pernas e dos antebrazos. Refire dor nas mans e sensación de tirantez a nivel das pernas, de características inflamatorias. Non febre. Nega relacións sexuais de risco. Non ten animais. Non viaxes recentes. Non presenta outra clínica.

-EF: TA 132/80  FC: 82  SatO2 99% Tª36

Aceptable estado xeral. Afectada pola dor. ORL: sen alteracións. AC: rítmica, sen sopros. AP: mvc. Abdome: sen alteracións. NRL: sen signos de focalidade. Exploración dirixida: resolución das lesións cutáneas (amosa fotos onde se observa lesións eritematosas a nivel de ambos brazos). Presenta edema e dor á palpación da muñeca dereita. Non datos de artrite noutras localizacións. Non presenta adenopatías. Puntos gatillo de fibromialxia positivos.

-Probas complementarias: solicitamos analítica con estudo de autoinmunidade (ANAs, FR, antipéptido citrulinado e seroloxía de virus (Epstein-Barr, CMV, parvovirus, VIH) e seroloxía de Borrelia Burgdorferi). Finalmente, confírmase diagnóstico de infección por parvovirus co positivo das IgM fronte a ese virus.

  • Xuizo clínico: viriase vs probable fibromialxia.
  • Tratamento: sintomático.
  • Conclusión:

A infección por parvovirus, patoloxía que se observa con maior frecuencia na  idade pediátrica, é algo que tamén se debe ter en conta na consulta, ante a presentación de síntomas inespecíficos (febre, artralxias, lesións cutáneas, etc…). O caso anterior tamén serve para lembrar os posibles nesgos e prexuízos á hora de atender ás pacientes, como sería neste caso a sospeita inicial de fibromialxia. Por outra banda,  serve tamén para lembrar a importancia das posibles complicacións deste virus en mulleres embarazadas e en persoas inmunodeprimidas.  

##submission.downloads##

Publicada

14.05.2025

Número

Sección

Casos clinicos

Categorías