Alén do motivo de consulta.
Resumo
Título: Alén do motivo de consulta.
- Ámbito do caso 1: Atención Primaria.
- Motivos de consulta: Lesión dermatolóxica.
- Historia clínica:
-Antecedentes persoais: NAMC. HTA. Hipotiroidismo. Artrose.
-Situación funcional: IABVD. Vive no medio rural.
-Anamnese: Muller de 88 anos que acode á consulta pola aparición dunha lesión dermatolóxica na espalda (comedón).
-EF: TA na consulta 137/72 FC: 32 SatO2: 95%. COC. Bo estado xeral. AC: bradicárdica, sen sopros. AP: mvc. MMII: sen edema. NRL: ben.
-Probas complementarias:
ECG: bloqueo AV completo, a 32lpm.
- Xuízo clínico: Bloqueo AV completo.
- Tratamento: marcapasos.
------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
- Ámbito do caso 2: Atención Primaria.
- Motivos de consulta: Informe médico para psicotécnico.
- Historia clínica:
-Antecedentes persoais: Alerxia a nolotil. DM2 e dislipidemia.
-Situación funcional: IABVD.
-Anamnese: Varón de 73 anos que acode debido á necesidade dun informe médico para o seu psicotécnico. Durante a consulta, atopamos ao paciente algo fatigado pero na anamnese el nega disnea ou calquer outro síntoma. Comenta “ estou perfectamente, só veño polo papel ese”
-EF: TA na consulta 150/87 FC: 140 SatO2: 95%. Consciente, orientado e colaborador. Bo estado xeral. AC: taquicárdico, sen sopros. AP: mvc. MMII: sen edema. NRL: sen signos de focalidade.
-Probas complementarias:
ECG: taquicardia regular, de QRS estreito, a 150lpm, sen outras alteracións.
- Xuízo clínico: TRIN.
- Tratamento: Adenosina IV
Conclusión: Os anteriores casos, dúas situacións infrecuentes pero perfectamente compatibles coa realidade da consulta de cada día, pretenden poñer de manifesto a importancia da abordaxe integral dos pacientes.
O papel do médico de familia non se pode limitar a tratar ao paciente por aparellos ou sistemas, senón que debe abordalo na súa totalidade. Frecuentemente, isto implica ter un papel proactivo, no que o médico debe ir alén do motivo de consulta polo que acode o paciente, para intentar afinar o diagnóstico ou para coñecer realmente as súas preocupacións.
##submission.downloads##
Publicada
##submission.license##
##submission.copyrightStatement##
##submission.license.cc.by-nc4.footer##