Foliculite tricofítica

Autores/as

  • Manuel Fernández Rivas Médico de familia
  • Ana Dapena Cuiña

Resumo

Ámbito do caso: Atención Primaria

 

Motivo de consulta: lesión prurixinosa en cara anterior do antebrazo de 3 semanas de evolución.

 

Historia clínica:

Enfoque individual:

Antecedentes persoais: Non alerxias medicamentosas coñecidas. Non antecedentes médicos de interese. Non tratamento habitual.

Anamnese: Varón de 46 anos que consulta por lesión redondeada que produce prurito en cara anterior de antebrazo. Nunca episodios previos similares.

Exploración física: placa eritematodescamativa duns 5x5cm na cara anterior do antebrazo dereito.

Probas complementarias: cultivo de escamas e biopsia con punch

 

Enfoque familiar e comunitario:

Familia e comunidade: Traballa de bombeiro forestal. No momento da consulta en situación de gran estrés (folga de semanas de duración en protesta por condicións laborais). Ademais traballa de autónomo podando plantas para particulares.

Diagnóstico diferencial: eccema de contacto, foliculite tricofítica.

Identificación de problemas: inicialmente tratouse con corticoides por sospeita de eccema de contacto polo seu traballo, agravado polo estrés laboral das últimas semanas.

Evolución: Tras o tratamento durante 1 semana con corticoide tópico de alta potencia a lesión empeorou significativamente. Isto fixo sospeitar a posibilidade dunha tiña incógnito con afectación profunda (foliculite tricofítica) polo que se citou na consulta para realizar cultivo de escamas e biopsia punch das lesións, confirmándose unha tiña por Trichophyton mentagrophytes.

Tratamento: Pautouse terbinafina 250mg VO cada 24 horas durante 6 semanas + terbinafina tópica 2 veces ao día durante 4 semanas con resolución do cadro.

 

Conclusións:

A posibilidade que temos os médicos de familia de facer seguemento continuo e cercano permítenos plantearnos diagnósticos alternativos ao pensado nun primeiro momento.

Capacidade de facer diagnósticos a priori máis complexos dende Atención Primaria e realización de técnicas diagnósticas (que con tempo e axendas adecuadas) podemos realizar sen ningún problema.

##submission.downloads##

Publicada

14.05.2025

Número

Sección

Casos clinicos

Categorías