Non todo vai ser tipo 2

Autores/as

  • Manuel Fernández Rivas Médico de familia
  • Ana Dapena Cuiña

Resumo

Ámbito do caso: Atención Primaria

 

Motivo de consulta: Renovación de receitas.

 

Historia clínica:

Enfoque individual:

Antecedentes persoais: Non alerxias medicamentosas coñecidas. Hábitos tóxicos: enolismo crónico (9 UBE/día); fumador de 20 cigarros/día. Pancreatite crónica con ingreso en marzo de 2023. Gastrite crónica por H. Pylori. Diabetes mellitus tipo 2. Tratamento habitual: metformina 850 mg/24h, omeprazol 20mg/24h, amilasa+lipasa+proteasa, acfol.

Anamnese: Varón de 57 anos con consulta telefónica para renovación de receitas. Toma metformina e non ten control de glicada dende hai 18 meses. O paciente realizaba analíticas solicitadas polo servizo de dixestivo para control da sua pancreatite.

Probas complementarias: Analítica con glicemia basal de 195 e HbA1c de 9,1%. Péptido C 0,7.

 

Enfoque familiar e comunitario:

Familia e comunidade: Vive coa súa esposa. Independente para actividades básicas da vida diaria. Abstintente de alcol dende hai 2 anos.

Diagnóstico diferencial: Diabetes mellitus tipo 2 vs. Diabetes mellitus tipo 3c.

Identificación de problemas: o paciente realizaba seguemento analítico no servizo de dixestivo e non acudía ás consultas do médico de familia. Ademais coincidiu que o seu médico de familia de toda a vida se xubilara e non existía unha estabilidade laboral no cupo de pacientes ao que pertencía, polo que non existía unha figura de médico de familia cunha visión lonxitudinal do doente.

Evolución: Tralos resultados da analítica sospeitouse unha diabetes mellitus tipo 3c pola súa patoloxía pancreática crónica. Tras axustar o tratamento falouse co servizo de endocrinoloxía.

Tratamento: Insulinización do paciente con glargina 300.

 

Conclusións:

A importancia dunha visión integral dos nosos pacientes que aporta o médico de familia e que permite facer un seguemento de tódalas súas patoloxías.

A precariedade laboral e a falta dunha estabilidade laboral dos médicos de familia implica perder a lonxitudinalidade tan necesaria para o correcto seguemento dos nosos pacientes.

 

##submission.downloads##

Publicada

14.05.2025

Número

Sección

Casos clinicos

Categorías