Eritema multiforme
Resumo
Eritema multiforme
Ámbito: Atención Primaria (Urxencias e Centro de Saúde), Dermatoloxía
Motivo de consulta: lesións cutáneas palmo-plantares prurixinosas
Anamnese:
- Antecedentes persoais:
- Non alerxias medicamentosas coñecidas
- Fumadora activa
- Artrose cervical
- Enfermidade actual: muller de 53 anos que acude por urxencias por lesións cutáneas intensamente prurixinosas en palmas e plantas. Mesmas lesións en cavidade bucal. Indica, así mesmo, herpes labial de inicio fai 5 días.
Ao indagar, refire que tivo estas mesmas lesión anteriormente en outras dúas ocasións, sempre coincidindo cun herpes labial.
Exploración física:
- Bo estado xeral, consciente, colaboradora.
- Normoperfundida, normohidratada, normocoloreada. Afebril.
- Lesións eritematosas en palmas, plantas e pulsos, en diferentes estados evolutivos, pero todas elas con aspecto de “lesións en diana”.
- Mucosa bucal afectada con mesmas lesións.
Probas complementarias: diagnóstico eminentemente clínico polo que non se solicita, inicialmente, ningunha proba complementaria.
Xuízo clínico: Eritema multiforme
Diagnóstico diferencial: Síndrome de Stevens-Johnson, Necrólisis Epidérmica Tóxica, exantema vírico, vasculite, picaduras de insectos, enfermidade man-pé-boca.
Plan de actuación e tratamento:
- Derivación preferente ao servicio de Dermatoloxía.
- Visita médica inicial: corticoides orais (5 días) e tópicos e hidroxicina para o prurito. Profilaxe con valaciclovir (500mg/día) por terceiro brote de eritema multiforme en contexto de infección por virus herpes simple. Na boca, enxaugues con lidocaína.
- En Dermatoloxía, confírmase o diagnóstico. Continuar co tratamento pautado. Revisión nuns meses con analítica sanguínea.
Evolución:
A paciente acude á semana ao seu médico de atención primaria con gran melloría. As visitas posteriores en Dermatoloxía e Atención Primaria confirman a resolución completa das lesións e a ausencia de novos brotes.
Conclusións:
- O eritema multiforme é unha afección cutánea pouco común, pero moi comunmente desencadeada por unha infección por virus herpes simple.
- Vital importancia dunha detallada anamnese e exploración física adecuada.
- Papel fundamental da Atención Primaria no seguimento estreito dos pacientes á hora de valorar a evolución dos mesmos.
##submission.downloads##
Publicada
##submission.license##
##submission.copyrightStatement##
##submission.license.cc.by-nc4.footer##