Enfermidade do empresario
Palabras clave:
neumonia, legionellaResumo
Ámbito: Urxencias de Atención Primaria e Hospitalarias
Motivo de consulta: fiebre e desorientación
Antecedentes persoais: Sen alerxias, fumador, Obesidade, Diabetes mellitus, hipertensión, dislipemia, SAHS.
Situacion basal: IABVD. Vive na Coruña. Empresario, viaxa frecuentemente.
Anamnese: Varón de 60 anos, traído ao PAC pola súa muller, por desorientación e febre de 5 días de evolución. Inicio da clínica tras unha das súas viaxes por traballo, unha convención nun hotel en Portugal. Picos de ata 39ºC, cefalea, artromialxias e odinofaxia. Sen clínica gastrointestinal ou miccional.
Exploración física: TA 130/70, FC 80lpm, SaO2 93%, FR 30rpm
Aceptable estado xeral, ben hidratado e perfundido. Taquipneico. Desorientado en tempo e espazo, bradipsiquico e con discurso incoherente. Sen meninxismos nin focalidade neurolóxica. Farinxe hiperemica sen exudados amigdalares. Auscultación pulmonar: hipofonese global, crepitantes grosos na base dereita. Resto da exploración anodina.
Dada a sospeita de NAC, con CURB-65 >1 e hipoxemia, derivase a urxencias hospitalarias.
Probas complementarias:
- AS: Hemoglobina 13.2, Leucocitos 12.02, Urea 51, Creatinina 0.7, Sodio 128
- GSA: pH 7.52, pCO2 36.5, pO2 52.6, HCO3 30.2, EB 6.8, SatO2 91%
- PCR SARSCoV2, Influenza A e B: negativos
- Antixenuria Legionella pneumophilla grupo 1: positivo
- RX torax: opacidade perihiliar dereita compatible con infiltrado infeccioso
Diagnóstico e evolución:
O paciente ingresou por neumonía por Legionella pneumophila con insuficiencia respiratoria, hiponatremia e síndrome confusional. Respondeu ben a azitromicina e recibiu alta en poucos días.
Conclusións:
Neste caso, o antecedente epidemiolóxico da estadía nun hotel é relevante a nivel comunitario, dada a trasmisión da enfermidade por Legionella: prolifera en augas estancadas entorno aos 30º, e trasmitese por aerosois, en duchas ou torres de refrixeracion. Considérase unha enfermidade de declaración obrigatoria, e nos brotes,débense analizar fontes comúnse tómar medidas ata o seu control.
A sospeita clínica de neumonía atípica, xunto co contexto, levou a solicitar a antixenuria precozmente, evitando retrasos terapéuticos.
##submission.downloads##
Publicada
##submission.license##
##submission.copyrightStatement##
##submission.license.cc.by-nc4.footer##