Úlcera de Lipschutz

Autores/as

  • Antonio De Vega Ventura Centro de saúde de Vilanova de Arousa
  • Antía Saa Del Rio
  • Elena Rodriguez Mosquera
  • Sarela Betanzos Freire
  • Paula Castro Castro

Palabras clave:

Úlcera genital, Úlcera Lipschutz, ETS

Resumo

AMBITO DO CASO: Atención primaria.
MOTIVOS DE CONSULTA: Úlcera xenital.
HISTORIA CLÍNICA
- ANTECEDENTES PERSOAIS
NAMC. Niega relacións sexuais. Menstruación regular.
- ANAMNESE
Muller de 13 anos que acode por lesión vulvar dolorosa dende hai dous días e febre (39ºC). A semana anterior diagnosticada de gripe B.
- EXPLORACIÓN FÍSICA
Ta 37.9 Sat 98% FC 100. Eupneica.

Sen alteracións salvo xenitais externos con edema no labio menor dereito e lesión ulcerosa en rexión inferior, de base necrótica, con fibrina e halo grisáceo, de 2cm. Outra lesión satélite superior milimétrica.

- PROBAS COMPLEMENTARIAS
Analítica sanguínea: PCR 77.9, sen outros achados.
Recóllense hemocultivos, seroloxías (Lúes, Brucelose, VIH, CMV, EBV, Herpes) e PCR de virus herpes. Resultados negativos.
- XUIZO CLÍNICO
 ITS vs Úlcera de Lipschutz vs Bechet vs outros
- TRATAMENTO E EVOLUCIÓN
O tratamento consiste en manter a zona xenital limpa e seca e aplicar pomada antibiótica. Se existen datos de sobreinfección, engadir antibióticos orais.

Resolución total en 5 semanas.

CONCLUSIÓNS
Entidade infrecuente, habitualmente descrita en mulleres novas activas ou non sexualmente.
A etiopatoxenia é descoñecida aínda que se propón que está ocasionada por una resposta inmune a certos virus: VEB, CMV, Inluenza A, ou B como ocorre neste caso.
O diagnóstico é clínico e por exclusión.
Ante a sospeita clínica debemos descartar a presencia de abuso sexual (paciente de 13 anos) ou outras
causas de úlcera xenital e realizar seroloxías e cultivo microbiolóxico para ITS e VHS . Non son útiles inicialmente as probas histolóxicas.
Confirmamos a entidade se a úlcera desaparece en menos de 5 semanas sen deixar cicatriz e se hai presencia de coinfección viral aguda non venérea (Influenza B) e estudio microbiolóxico e serolóxico negativo.

(Solicitouse consentimento á paciente e os seus pais para realizar fotografías das lesións e para
comunicar o caso clínico)

##submission.downloads##

Publicada

14.05.2025

Número

Sección

Casos clinicos

Categorías