Do farinxe ao pé: Artrite reactiva postestreptocócica en Atención Primaria

Autores/as

  • Irene Ferreiro Sanmartín Centro de Saúde A Milagrosa
  • Amanda Gómez López
  • Alejandro Morán Valiño

Palabras clave:

artrite reactiva, estreptococo, faringoamigdalite, atención primaria

Resumo

Ámbito do caso: Atención Primaria

Motivos de consulta:  Odinofaxia. Inflamación e dor en ambos pés.

Historia clínica

      Enfoque individual:

  • Antecedentes persoais: Varón de 44 anos. Hipertensión arterial. Dislipemia. Prediabetes. Hiperuricemia, episodio de gota previo.  Episodio de amigdalite estreptocócica 3 semanas antes, pautada penicilina con resolución dos síntomas pero recaída ás 2 semanas, polo que se pautou amoxicilina/clavulánico. 
  • Anamnese: Unha semana despois da consulta por amigdalite estreptocócica recurrente, acude a consulta por dor e edema en ambos pes de 4 días de evolución, sen outra clínica asociada nin antecedente traumático.
  • Exploración: Edema en dorso de ambos pés, sobre todo no esquerdo, ata nocello. Dor a palpación de forma xeneralizada, máis en dorso e 1ª articulación metatarso-falánxica.
  • Probas complementarias: 
    • Rx de pés: sen alteracións
    • Analítica: urato 8.3 mg/dL, velocidade de sedimentación globular 46 mm, proteína C reactiva 4.61 mg/dL. Resto sen alteracións.

  

     Enfoque comunitario: Parella con amigdalite estreptocócica.

 

- Xuízo clínico, diagnóstico diferencial.

Tendo en conta o antecedente de hiperuricemia con unha crise de gota previa, e de amigdalite estreptocócica, na consulta plantexamos 2 posibilidades: que se tratase dunha artrite reactiva ou unha gota. 

 

- Tratamento e plan.

Probamos tratamento inicialmente con naproxeno, con alivio parcial da dor e sen melloría, polo que se asociou colchicina e posteriormente prednisona. 

 

- Evolución.

Tras pauta de prednisona presentou melloría clínica. Solicitouse valoración a reumatoloxía para esclarecer o diagnóstico, que realizou análise de líquido sinovial, de carácter inflamatorio, sen observarse cristais. Confirmamos por tanto o diagnóstico de artrite reactiva postestreptocócica. 

 

Conclusións

A artrite reactiva postestreptocócica é unha artrite que aparece tras unha farinxite aguda por Estreptococo betahemolítico do grupo A. A maior incidencia dase en varóns de 20-40 anos, e preséntase como unha oligoartrite aguda asimétrica, non migratoria e de predominio en extremidades inferiores. Soe aparecer nos primeiros 10 días tras a infección.

##submission.downloads##

Publicada

14.05.2025

Número

Sección

Casos clinicos

Categorías