"ACOD ou non ACOD, esa é a cuestión" Anticoagulación en pacientes de idade avanzada: entre a prevención de eventos e a calidade de vida

PREMIO AO MELLOR CASO CLÍNICO

Autores/as

Resumo

  • Ámbito do caso: Atención Primaria, Urxencias, Neuroloxía, Cardioloxía.

  • Motivos de consulta: Hematuria

  • Historia clínica

    • Enfoque individual: Varón de 93 anos.

      • Antecedentes persoais: Sen AMC, HTA, dislipemia, FA anticoagulado con edoxaban. Adenocarcinoma de próstata fai 30 anos, tratado con radioterapia, estable. Cognitivamente perfecto, independente, con bo apoio familiar.

      • Anamnese: Consulta por hematuria e dificultade para orinar. No último ano 4 episodios idénticos, 1 epistaxe e 2 rectorraxias, resoltos retirando ACOD. Algúns con leve anemización. Seguimento en A. Primaria e Uroloxía. Estudos normais.

      • Exploración: Constantes normais. Dór suprapúbico, globo vesical.

      • Probas complementarias:

        • Tira de orina: non valorable.

        • Analítica de sangue ás 24h: Función renal normal, PCR 49, Hb 13.7, microcitose e hipocromía.

    • Xuízo clínico: Hematuria macroscópica, RAO, cistite rádica e anticoagulación.

    • Plan de actuación: Sondaxe e antibioterapia. Suspéndese ACOD temporalmente, e dada recorrencia, valorando risco/beneficio, valórase facelo indefinidamente, comentándose con Cardioloxía e U. Crónicos, rexeitándose por risco trombótico.

    • Evolución: Desgraciadamente, ás 72 h presenta bruscamente hemiparesia esquerda e disartria. En urxencias, evidénciase trombo na ACM dereita. Pola hematuria, contraíndicase fibrinolise, pero non trombectomía. O paciente presenta excelente evolución.

  • Conclusións (e aplicabilidade para a medicina de familia): A pesar da idade, o paciente foi trombectomizado, dada a excelente vida basal, o cal tamén obrigaría ao mantemento do ACOD, resaltando que a idade non é un factor limitante nestes tratamentos. Pola contra, os sangrados repetidos e a lacra na calidade de vida plantéxannos se os anticoagulantes realmente estarían proporcionando beneficios. O ictus, evento a evitar, manifesta a encrucillada da decisión terapéutica, enfrontando os riscos trombóticos fronte aos de resangrado e deterioro da calidade de vida. A información ao paciente é crucial para tomar decisións, explicando tratamentos, terapias e posibles riscos no caso de suspendelas. Cremos na utilidade deste caso á hora de abordar situacións similares en Atención Primaria.

##submission.downloads##

Publicada

14.05.2025

Número

Sección

Casos clinicos

Categorías