Prurito en anciáns
Non todo é o que parece
Palabras clave:
prurito, penfigoide, gliptina, ancianResumo
Ámbito do caso: Atención Primaria
Motivo de consulta: prurito
AP: Non AMC. Hipertensión arterial, DM2, tremor esencial, demencia GDS6 . Dependencia para ABVD (vida cama-sillón).
Tratamento habitual: Omeprazol, Dapaglifozina, Perindopril/indapamida 4/1.2, Metformina/vildagliptina 50/850, Atorvastatina 10, Primidona 250 0-1-1, Quetiapina 25
Anamnese: Paciente de 86 anos que presenta prurito en todo o corpo de varios días de evolución, asociando lesións eritematosas de recente aparición. Non conviventes afectos. No mes anterior supresión de insulina ante tendencia a hipoglucemias.
o EF: Domicilio: Aceptable estado xeral, leve deshidratación de mucosas, ben perfundida. Consicente, colaboradora. ACP rítmica, sen soplos. Lesións micropapulares a nivel de axila e zona anterior ombro dereito. Lesións de rascado a nivel pretibial dereito. Abdome anodino. MMII non edema nin datos de tvp MMSS hematoma antebrazo dereito en relación á fraxilidade capilar.
o Probas complementarias: Análise: Hemograma Hemoglobina 10.20, hematocrito 30.80. Resto en rango normalidade- Bioquímica: Glucosa 108, Urea 80, creatinina 0.55, Filtrado glomerular 85.27. Ións en rango, Colesterol total 208, LDL 100. TSH 1.17. HbA1c 5.9%.- Urianálise: Cociente albuminuria/creatinina orina 188 (0-30). Resto negativo.
- Enfoque familiar e comunitario: Entorno rural. Vive co marido (octoxenario) Non mascotas
o Diagnóstico diferencial: escabiose, prurito sine materia, xerose,.
- Identificación problemas: deterioro cognitivo, difícil anamnese.
o Tratamento: Inicialmente pautamos antihistamínico e ivermectina oral.
Evolución: Inicialmente pautase tratamento empírico ante sospeita de escabiose, leve melloría. Posterior empeoramento, maior prurito e aparición de lesións ampolares dispersas en todo o corpo, contido seroso, flácidas, sobre unha base eritematosa. Máis acentuadas en polo inferior.
Revalórase o diagnóstico, sospeita de penfigoide ampoloso en contexto de tratamento con gliptinas. Suspendemos tratamento con metformina/vildagliptina, pautamos minociclina cápsulas cada 12h, prednisona 30 mg e indicamos curas diarias con auga, xabón, betadine. Melloría progresiva das lesións co tratamento previo. Resolución do prurito.
- Conclusións: Importancia do diagnóstico precoz da reaccións farmacolóxicas.
##submission.downloads##
Publicada
##submission.license##
##submission.copyrightStatement##
##submission.license.cc.by-nc4.footer##