Demanda impropia en Atención Primaria
PRIMEIRO PREMIO Á MELLOR COMUNICACIÓN ORAL
Palabras clave:
Atención primaria, Demanda, Tempo de consulta.Resumo
Introdución
A saturación da consulta e a demanda impropia entendida esta como aquelas citas que non deberían ser atendidas polo médico de familia son factores de risco de burnout. O obxectivo é coñecer a proporción de citas que corresponden a demanda impropia nas axendas de médicos de familia que traballan na área de saúde de A Coruña e factores asociados.
Tipo de estudo
Observacional transversal.
Ámbito
Consultas de medicina de familia da Área de Saúde de A Coruña
Poboación
Todas as citas atendidas da axenda de 19 médicos de familia de 14 centros de saúde rurais e urbanos da Área de Saúde de A Coruña, en 11 días seleccionados aleatoriamente ao longo de 3 meses. N= 5255.
Medicións principais
Demanda impropia definida segundo validez de criterio, xénero e idade dos facultativose dos pacientes, duración da consulta desde o inicio ata o final, tipo de consulta (demanda ordinaria, receitas, programada, forzada).
Resultados
A proporción de demanda impropia (DI) é de 8,4% (IC 95% 7,71-9,23). Asóciase a facultativos con menor idade e de xénero feminino, e ao tipo de consulta forzada. A mediana de duración da axenda é de 490 minutos, rango intercuartílico (RIQ) de 79,75.
A mediana de demanda impropia por día é 2 (RIQ 3), sendo a media 2,81.
Conclusións
A proporción de demanda impropia é elevada, dun mínimo de 7,71%. Asóciase a xénero feminino, menor idade do facultativo e o tipo de consulta forzada. Obsérvase sobrecarga asistencial dado que a mediana de tempo dedicado a resolver a axenda é de 390 minutos, unha hora e media máis do recomendado na axenda de calidade.
Publicada
##submission.license##
##submission.copyrightStatement##
##submission.license.cc.by-nc4.footer##