Fractura cervical.

A importancia da exploración física dirixida.

Autores/as

  • Carla Rial Fernández

Resumo

Varón de 61 anos sen antecedentes de interese, acode ao Punto de Atención Continuada por caída accidental da bicicleta con traumatismo en ombro e brazo dereitos, sen perda de coñecemento. Na exploración física detectase dor leve á palpación no antebrazo esquerdo coa mobilidade activa de ambos hombros conservada, sen pérdida de forza e sensibilidade en ambas extremidades. É dado de alta co diagnóstico de contusión e tratamento analxésico. Días despois acode a consulta por mal control da dor a nivel escapular e cóbado dereito, con pares-tesias do 1º a 3º dedos da man dereita. Na exploración física: Dor a nivel do borde superior do tra-pecio, que empeora coa rotación e flexión lateral cervicais esquerdas. Forza e sensibilidade conservada no membro superior dereito agás sensibilidade na cara palmar de 1º a 3º dedos. Mobilidade e reflexos osteotendinosos conservados. Derívase a urxencias hospitalarias para realizar radiografía cervical e valoración por traumatoloxía coa sospeita diagnóstica de radiculopatía C6-C7 dereitas. Realizan radiografías de tórax, columna cervical, escápula e ombro cos achados: Radiolucencia lineal en apófisis espiñosas de C6. Solicitase TAC cervical que mostra fractura da lámina dereita de C6 e apófisis articular inferior. Fractura de apófisis articular superior e transversa dereita de C7.

Na consulta de traumatoloxía colocan un colar brando e remiten ás consultas externas para segue-mento. As lesións cervicais ocorren nun 5-10% dos pacientes politraumatizados, con maior prevalencia en poboación xoven, sendo a principal causa os accidentes de tráfico e caídas. Aínda que presentan unha baixa incidencia, concentran máis da metade das lesións medulares que ocasionan compromiso neurolóxico e impacto emocional. O 65% localízanse a nivel subaxial, debido a súa maior mobilidade, pero son as da unión craneo-cervical as que asocian unha maior morbimortalidade e risco de lesións vasculares.

CONCLUSIÓN: A escoita activa cunha exploración dirixida orienta con bastante exactitude ao diagnóstico.

##submission.downloads##

Publicada

01.11.2023

Número

Sección

Casos clinicos

Categorías