Síndrome xeral en atención primaria
Resumo
Varón de 82 anos que vive coa muller, diagnosticado de deterioro cognitivo mixto moderado, dislipemia, hiperplasia prostática benigna e hipoacusia. Recibe tratamento con atorvastatina 20mg, tamsulosina 0,4mg, quetiapina 25mg e 50mg, somazina 1000mg e deltius 25000UI. Acode por primeira vez á consulta acompañado da muller que refire astenia e perda de 8 kgs de peso en 4 meses aproximadamente. Sen alteracións dixestivas, urinarias, sangrados nin outras queixas específicas. Na exploración física únicamente destaca unha masa indurada en fosa ilíaca dereita, visible en decúbito supino, duns 20cm de diámetro, lixeiramente dolorosa á palpación. Ante os diagnósticos diferenciais de neoplasia abdominal, metástase ou crecemento de órgano abdominal, derívase ao paciente ao servizo de urxencias hospitalarias (URX) para valoración por alta sospeita de neoplasia. En URX realizan radiografía de abdome onde se observa globo vesical que se confirma con ecografía abdominal e se resolve coa colocación dunha sonda urinaria. Dado o síndrome xeral decídese ingreso hospitalario, durante o cal se detecta unha elevación do antíxeno prostático específico estando no momento actual pendente de estudo por sospeita de neoplasia prostática. Englóbase baixo o termo síndrome xeral a astenia, anorexia e perda de peso cuxas principais causas son neoplásicas, orgánicas non neoplásicas ou psiquiátricas. Como aspectos clave para unha correcta anamnese debemos ter en conta o curso temporal, (>6 meses orienta especialmente a un cadro depresivo, pois unha causa orgánica produciría outras manifestacións), interrogar sobre desencadenantes como cambios vitais e sintomatoloxía asociada (pérdida de peso >10% en 6 meses orienta a organicidade) (1,2) Este caso demostra a necesidade de dispoñer de algunhas exploracións complementarias básicas no Centro de Saúde (ecografía abdominal), que evitaría unha derivación a URX podendo resolverse en atención primaria. Esto non resta importancia á anamnese e exploración física, xa que este paciente independentemente da retención urinaria ingresou para estudo do síndrome xeral.
##submission.downloads##
Publicada
Número
Sección
##submission.license##
##submission.copyrightStatement##
##submission.license.cc.by-nc4.footer##